Jaime Vidaurrázaga Urbieta é un empresario e político galego. Chegou a Ribadeo cos seus pais no 1958.

Traxectoria Foi alcalde de Ribadeo tras presentarse polo PSOE só dous meses e medio en 1983. Tras a súa subida á alcaldía co apoio do BNG e Coalición Galega, o posterior cesamento viu determinado pola desaparición de votos na parroquia de Vilaframil, que, dun xeito sorpresivo, a Xunta Electoral adxudicou con posterioridade a AP tras non ser adxudicados a ningún partido nun principio. No pouco tempo do seu mandato aumentou a rede de sumidoiros de Rinlo, cementando un pacto tripartito. Seguiu a ser concelleiro ata o ano 1999.

Coñecido en Ribadeo como 'o vasco', asentouse de xeito definitivo na poboación só catro anos antes das eleccións locais nas que participou.

O seu retrato, elaborado por Concepción Millán Martínez, foi doado ó concello en abril de 2023 xunto cos dos outros alcaldes na época democrática.

No plano laboral, desenvolveu o seu traballo como administrador solidario en CORIBA S.L. ata o 2015.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Nados en ano descoñecido