Jérémy Damien Blasco, nado en Baiona (Francia) o 12 de febreiro de 1999, é un futbolista vasco-francés, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria Nacido en Baiona, comezou a xogar ao fútbol con cinco anos no Aviron Bayonnais da súa localidade natal, antes de ingresar na canteira da Real Sociedad en 2010. Progresou polas diferentes categorías inferiores do club e o 11 de marzo de 2017 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, nun partido ante o Deportivo Alavés B.
Dous anos despois xogou por primeira vez coa Real B en Segunda B, nun encontro ante a Gimnástica de Torrelavega. Na campaña 2020/21 contribuíu con 15 partidos ao ascenso do filial vasco á Segunda División.
O 30 de maio de 2022 el e o seu compañeiro Xeber Alkain deixaron o club. En xullo fichou polo Huesca, tamén de Segunda.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Baiona, Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do SD Huesca