António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889 e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista.

Exerceu como catedrático de Economía Política, Ciencia das Finanzas e Economía Social na Universidade de Coímbra e foi deputado e ministro. Dende 1932 ata 1968, exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e, interinamente, a Presidencia da República en 1951, períodos durante os cales foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, unha ditadura, que abrangueu o intervalo temporal entre 1926 e 1974, malia que o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.

Traxectoria Foi ministro das Finanzas entre 1928 e 1932. Entre 1932 e 1968 foi o estadista que dirixiu os destinos de Portugal, co cargo de Presidente do Consello de Ministros (primeiro ministro). Foi fundador e xefe da Unión Nacional (partido único durante o Estado Novo) a partir de 1931. Tamén foi o fundador e principal mentor do Estado Novo (1933-1974), substituíndo a ditadura militar (1926-1933). Tamén exerceu o cargo de Presidente interino da República, mais só no ano de 1951.

En abril de 1937, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e mais Ramón Suárez Picallo enviáronlle unha carta na que dicían:

Salazar e Francisco Franco Durante a Guerra civil española, comezada en xullo de 1936, Salazar non dubidou en apoiar a Franco dende o primeiro momento. De aí o enorme prestixio gañado por Portugal entre os franquistas. Pouco antes do final da guerra, Salazar nomeou a Pedro Teotónio Pereira para a función de Axente Especial do Goberno Portugués xunto ao Goberno de Franco. Teotónio Pereira chegou a Salamanca en xaneiro de 1938, encontrando unha atmosfera de grande simpatía cos diplomáticos alemáns e italianos e de grande hostilidade cos diplomáticos dos restantes países. Teotónio Pereira pronto comezou a contrarrestar este ambiente e Portugal tivo un papel fundamental na disuasión do aliñamento de España coas Potencias do Eixo, na creación dun bloque ibérico neutro e na aproximación de España aos Aliados.

Nunha entrevista ao xornal francés Le Figaro, a 13 de xaneiro de 1958, Franco afirmaba que:

Salazar tiña tamén unha grande admiración por outro ditador fascista, Benito Mussolini, tendo incluso unha fotografía do ditador italiano na súa secretaría de traballo.

Notas

Categoría:Presidentes de Portugal Categoría:Fascismo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados no distrito de Viseu Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra