Richard William Farnsworth, nado nos Ánxeles o 1 de setembro de 1920 e finado en Lincoln, Novo México, o 6 de outubro de 2000 foi un actor e dobre de acción estadounidense. Foi candidato aos Óscar en dúas ocasións, por Comes a Horseman (1978) e por Unha historia verdadeira (2000), sendo o candidato ao mellor actor de máis idade nese momento. Farnsworth tamén é coñecido polas súas interpretacións en The Grey Fox (1982), pola que foi candidato ao Globo de Ouro, Anne of Green Gables (1985), Sylvester (1985) e Misery (1990).
Traxectoria Farnsworth naceu en 1920 nos Ánxeles, California. A súa nai traballaba na casa e o seu pai era enxeñeiro.
Farnsworth foi gradualmente entrando na interpretación en filmes de western. Fixo aparicións sen acreditar en numerosos filmes, incluídos Foise co vento (1939), Río vermello (1948), The Wild One (1953) e Os dez mandamentos (1956). En 1960, acreditado como Dick Farnsworth, apareceu como empregado do rancho Gault no capítulo "Street of Hate" da serie de televisión Laramie.
O seu primeiro papel acreditado no cinema foi 1963 e continuou a actuar en filmes e programas de televisión do xénero do western. Tivo un papel en Roots (1977) e coprotagonizou con Wilford Brimley The Boys of Twilight (1992). O seu papel revelación foi o do ladrón de dilixencias Bill Miner no filme canadense de 1982 The Grey Fox. Interpretou un adestrador de béisbol en The Natural (1984). En 1985 foi o irmán de Marilla e figura paterna de Anne en Anne of Green Gables e interpretou un vaqueiro sabio de voz suave que adestraba cabalos para Melissa Gilbert en Sylvester. Outros papeis salientables foron un rico e desapiadado petroleiro en The Two Jakes (1990) o xerife de Misery (1990).
Vida persoal Farnsworth tivo un longo matrimonio do que naceron dous fillos. Tras enviuvar, viviu nun rancho en Lincoln, Novo México.
A noite do 6 de outubro de 2000, enfermo dun cancro terminal que o deixara parcialmente paralizado e con grandes dores, Farnsworth faleceu por unha ferida de bala autoinflinxida no seu rancho de Lincoln.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1937 JockeySen acreditar 1938 The Adventures of Marco Polo Mongol Warrior1939 Gunga Din Bit Part Foise co vento Soldier 1943 This Is the Army Soldier1948 Río vermello Dunston Rider The Paleface papel menor 1949 Mighty Joe Young Cowboy 1950 The Flame and the Arrow Outlaw1953 Arena Cowboy Arrowhead Cavalryman The Wild One descoñecido 1954 The Violent Men Anchor Rider 1955 A Lawless Street Townsman 1956 Os dez mandamentos Chariot Driver1957 The Tin Star descoñecido The Hard Man Posse Man 1960 Spartacus Salt Mine Slave / Gladiator / Slave General 1963 The Jolly Genie Thug Short film1966 Duel at Diablo Wagon Driver #1 Sen acreditar Texas Across the River Medicine Man 1968 O asexar da lúa descoñecido Sen acreditar 1970 Monte Walsh Cowboy 1971 Skin Game Man In Saloon Fight Sen acreditar1972 The Cowboys Henry Williams Pocket Money Man Sen acreditar Ulzana's Raid Trooper The Life and Times of Judge Roy Bean Outlaw1973 The Soul of Nigger Charley Papillon Manhunter #1Sen acreditar 1974 Blazing Saddles Sheriff 1975 The Apple Dumpling Gang Mover1976 The Duchess and the Dirtwater Fox Stagecoach Driver O fóra da lei Comanchero Sen acreditar 1977 Another Man, Another Chance Stagecoach Driver 1978 Comes a Horseman Dodger1980 Tom Horn John C. Coble Ruckus Sheriff Jethro Pough Resurrection Esco 1981 The Legend of the Lone Ranger 'Wild Bill' Hickok1982 The Grey Fox Bill Miner Waltz Across Texas Frank Walker 1983 Independence Day Evan1984 O mellor 'Red' Blow Rhinestone Noah Farris1985 Into the Night Jack Caper Sylvester Foster Space Rage Colonel 1988 The River Pirates Percy1990 The Two Jakes Earl Rawley Misery Sheriff Buster Havana Professor 1991 Highway to Hell Sam1994 The Getaway 'Slim' Lassie Len Collins 1999 Unha historia verdadeira Alvin Straight
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Richard Farnsworth: The Man Who Talked Straight at Moviecrazed.com 1999 Disney Press Kit For The Straight Story with publicity photos 1998 Des Moines Register Article The Straight Story on Lynch Net Complete Film notes, interviews, photographs, audio and trailers 1999 Obituary Cowboy's Way by Jeff Jensen, 2000
Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California Categoría:Suicidas Categoría:Paseo da Fama de Hollywood