Lionor de Viseu, nada en Beja no 2 de maio de 1458 e finada en Lisboa no 17 de novembro de 1525, foi infanta de Portugal e raíña consorte de Portugal entre 1481 e 1495.

Traxectoria Era filla do infante Fernando de Portugal, Duque de Viseu, e da infanta Beatriz de Aveiro. Era neta do rei Eduardo I de Portugal, e de Lionor de Aragón e irmá do futuro rei Manuel I de Portugal.

Casou en xaneiro de 1471 en Setúbal co futuro rei Xoán II de Portugal, o seu curmán. Desta unión naceron:

o infante Afonso de Portugal casou en 1490 con Isabel de Aragón, filla dos Reis Católicos. O Infante Xoán de Portugal

Xoán II tivo un fillo bastardo da súa relación cunha dama de compañía da raíña consorte, Xurxo de Lencastre. O rei tentou lexitimar a este fillo, e o certo é que o seu primoxénito estaba casado coa herdeira dos Reis Católicos e isto supuxo unha posible anexión da coroa portuguesa á coroa hispánica. A raíña Lionor opúxose con todas as súas forzas facendo que, á morte do rei, o irmán de Lionor fose nomeado herdeiro ao trono xa que era o parente lexítimo máis próximo do rei, e ascendeu ao trono en 1495 co nome de Manuel I de Portugal.

Á morte de Xoán II en 1495, sucedeuno Manuel I, irmán de Lionor. Foi coñecida como a "vella raíña" e continuou sendo importante na corte, de feito foi rexente máis dunha vez. Despois retirouse ao Palau de Xabregas, porque Xoán III non lle permitiu retirarse ao convento de Odivelas.

Apoiou a fundación do Hospital de Todos os Santos de Lisboa, considerado o mellor centro hospitalario da época e que foi a orixe do hospital termal de Caldas da Rainha, que leva o nome da súa honra. Tamén mandou construír o convento da Nai de Deus.

Morreu en Xabregas o 17 de novembro de 1525. Á súa morte foi enterrada no Mosteiro da Virxe María de Enxabregas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de panteóns e tumbas dos gobernantes en Portugal

Categoría:Reis de Portugal Categoría:Finados en 1525 Categoría:Nados no distrito de Beja Categoría:Nados en 1458