Lubumbashi (antigamente Élisabethville en francés e Elisabethstad en neerlandés) é a segunda maior cidade da República Democrática do Congo. Atópase na parte máis meridional do país, a carón da fronteira con Zambia. É a capital e principal cidade da provincia de Alto Katanga, sendo tamén o centro da minaría da rexión, actuando como sede para moitas das maiores empresas mineiras do país. Non se dispón de cifras concretas de poboación, pero estimábase que a poboación da zona urbana da cidade era 2 584 000 habitantes en 2021.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades da República Democrática do Congo