Beatriz Lema Rivera, coñecida como Bea Lema, nada na Coruña en 1985 é unha ilustradora e autora de banda deseñada galega.

Traxectoria

Ten feito ilustracións para revistas, carteis e libros infantís. Formada como dseñadora de produto na Universidade da Coruña, empezou en 2010 traballando en Sargadelos. Desde 2013 ten realizado proxectos para entidades como Certamen Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Concello da Coruña e Xunta de Galicia.

No seu traballo, moitas veces autobiográfico, trata temas como a loucura, as relacións familiares, a relixión, o trauma, os ritos populares.

O xerme da obra El cuerpo de Cristo foi en 2016 cunha versión en tinta negra: O corpo de Cristo, que foi premiada en 2017, e que trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha meniña. Despois, en 2022, gozou dunha residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs do festival de Angoulême. Titulada en francés Des Maux à dire (El cuerpo de Cristo, en Astiberri), levou varios premios. A primeira versión era moito máis sinxela, a liña, e foi mellorando coa cor, as formas e o bordado. En 2024 traballaba na adaptación a curtametraxe de animación, producida por Uniko y Abano Produciòns, foi presentada no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy 2023.

Premio Nacional de Banda deseñada 2024 por El cuerpo de Cristo O premio do Ministerio de Cultura (30.000 €) é por "unha obra arriscada no formal e innovadora, empregando texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética", segundo o xurado.

Obras

O corpo de Cristo (2018). Deputación da Coruña. 96 páxs. ISBN 978-84-9812-320-3. I Want to Eat! (2021). China: Ed. S&S Alliance. I Want to Sleep! (2021). China: Ed. S&S Alliance. I Want to Poop! (2021). China: Ed. S&S Alliance. I Want to Bathe! (2021).China: Ed. S&S Alliance. Des maux à dire (2023). Sarbacane. 184 páxs. ISBN 9791040802396. El cuerpo de Cristo (2024). Bilbao: Astiberri Ediciones. 184 páxs. ISBN 9788419670144. Título orixinal Des Maux à dire.

Premios

2017: Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña por O corpo de Cristo, a primeira muller en recibir o premio.

2023: Finalista do Premio ACDCómic de autora emerxente, por El cuerpo de Cristo. 2023: Premio do Xurado do Festival BD en Périgord, por El cuerpo de Cristo. 2024: Premio Nacional do Cómic, por El cuerpo de Cristo. 2024: Premio do Público do Festival de Angoulême, por El cuerpo de Cristo. 2024: Gran Premio l’Héroïne Madame Figaro, por El cuerpo de Cristo. 2024: Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montréal á mellor obra estranxeira, por El cuerpo de Cristo. 2024: Finalista do Premio Miguel Gallardo á autora emerxente en Comic Barcelona, por El cuerpo de Cristo. 2025: Cartel conmemorativo do Día do Comic.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web de Bea Lema La Resma. Vídeo entrevista en castelán.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1985 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Banda deseñada