Breogán é un nome propio masculino galego. A súa orixe é literaria, xa que aparece no Lebor Gabála Érenn ou Libro das invasións de Irlanda, onde Breogán é un heroe dos celtas galaicos. O nome popularizouse por aparecer tamén na letra do himno galego.
En xaneiro de 2023 existían 611 varóns en Galicia co nome Breogán, cunha media de idade de 14,9 anos.Nome Breogán na Web do Instituto Galego de Estatística
Etimoloxía Segundo Isidoro Millán González-Pardo a orixe do termo está relacionada co celta "briga" (‘elevación, monte’), e con "Brigantium".
Historia do seu uso A primeira persoa que se coñece que levou ese nome foi Breogán Díaz Rodríguez, nado en Belém do Pará en 1922, fillo dos emigrantes galegos Lisardo Díaz González e Rocío Rodríguez. Foi presidente e secretario do Centro Galego de Belém do Pará. A segunda persoa foi Breogán Enrique Rodríguez Carretero, nado en Bos Aires en 1926. O seu uso estendeuse a finais do século XX, incorporándose ao corpus dos nomes galegos.
É o nome propio de personalidades galegas como o escritor Breogán Riveiro, o xogador de fútbol Breogán Pereiro ou o político Breogán Riobóo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Nazón de Breogán Bibliografía (primeira edición de 1996) Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos