Álex Sala Herrero, nado en Viladecans o 9 de abril de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo no Córdoba, da Segunda División.
Traxectoria Nacido en Viladecans, comezou a xogar ao fútbol na canteira do club da súa vila, a UD Viladecans, antes de ingresar en 2011 nas categorías inferiores do FC Barcelona. Posteriormente pasou tamén polas canteiras do Cornellà, o Gavà e o Hospitalet.
O 2 de setembro debutou co primeiro equipo do Hospi na Terceira División, nunha vitoria por 1-0 ante a UE Llagostera. O 16 de xaneiro seguinte, despois de cinco partidos máis co primeiro equipo, regresou ao Barça para xogar co xuvenil A.
Tras rematar a súa etapa como xuvenil quedou sen oco no equipo B do Barcelona e pasou seis meses sen xogar durante a campaña 2020/21 ata que rescindiu o seu contrato co club o 5 de xaneiro de 2021. A continuación pasou ao Girona FC, para xogar inicialmente co filial na Terceira División. O 14 de novembro de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Ibrahima Kebe no treito final dun triunfo por 2-0 sobre o FC Cartagena. O 11 de xullo seguinte, renovou o seu contrato co club ata 2025, ascendendo definitivamente ao primeiro equipo.
O 29 de agosto de 2022, Sala e o seu compañeiro Pau Víctor foron cedidos ao Sabadell, da Primeira Federación. Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Córdoba.
No verán de 2024, despois de axudar ao Córdoba no seu ascenso á Segunda División, asinou un contrato por dous anos co club.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Viladecans Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CE L'Hospitalet Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Córdoba CF