O Condado de Norrbotten (Norrbottens län) é un condado ou län que se atopa na zona máis setentrional de Suecia. O condado fai fronteira cos condado de Condado de Västerbotten e o Golfo de Botnia. Tamén fai fronteira cos condados noruegueses de Nordland e Troms e coa Provincia de Laponia de Finlandia.

Política lingüística Ademais do sueco, o saami, o Meänkieli, e o finés poden ser empregados nas axencias gobernamentais, cortes de xustiza e nas oficinas do concello. Tamén teñen presenza na ensinanza escolar.

O saami é cooficial a nivel local en Arjeplog, Gällivare, Jokkmokk e Kiruna. Ó mesmo tempo, o finés e o Meänkieli o son en Gällivare, Haparanda, Kiruna, Pajala e Övertorneå.

Concellos Segundo os datos do censo do ano 2002.

Na provincia de Norrbotten: Pajala (7 000) Övertorneå (5 500) Överkalix (4 000) Boden (28 000) Kalix (17 500) Haparanda (10 000) Älvsbyn (8 500) Luleå (72 500) Piteå (40 500) A Laponia Sueca: Kiruna (23 500 habitantes) Gällivare (19 500) Jokkmokk (5 500) Arjeplog (3 200) Arvidsjaur (7 000)

Véxase tamén

Ligazóns externas Oficina Administrativa do Condado de Norrbotten Consello do Condado de Norrbotten