Cristian Carracedo García, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 30 de novembro de 1995, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Córdoba, da Segunda División.

Traxectoria Formado na canteira do CF Badalona, debutou co primeiro equipo n Segunda División B o 12 de outubro de 2013, nunha derrota ante o Valencia Mestalla.

No verán de 2015 asinou polo Mallorca B, da Terceira División. O 10 de setembro dese mesmo ano debutou co primeiro equipo do Mallorca nun partido da Copa do Rei ante o Huesca.

Despois de deixar as Illas Baleares, vestiu as camisetas do Cacereño, do San Fermín, do Écija, do Córdoba B, da UP Langreo, do Ceuta, do Prat, do Ejea e do Linares Deportivo.

En xuño de 2022 regresou a Córdoba para xogar desta vez no primeiro equipo do Córdoba. Contribuíu con 41 partidos e 2 goles ao ascenso do equipo á Segunda División durante a campaña 2023/24.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CP Cacereño Categoría:Xogadores do Écija Balompié Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Linares Deportivo Categoría:Xogadores do Córdoba CF