Maziar Bahari, en , nado en 1967 en Teherán, é un xornalista, cineasta e activista dos dereitos humanos iraniano-canadense. Traballou para a revista Newsweek de 1998 a 2011. De xuño de 2009 até o 20 de outubro dese ano, Bahari foi detido e en 2011 publicou as súas memorias Then They Came for Me, nas que trataba o seu encarceramento, posteriormente levadas ao cine.

Traxectoria Bahari procede dunha familia politicamente activa: o seu pai estivo preso durante o réxime de Pahlawi nos anos 50, e a súa irmá sufriu a mesma sorte nos anos 80 durante o goberno do aiatolá Khomeini.

Bahari naceu en Teherán e viviu alí até 1988, cando se trasladou a Montreal, Canadá, onde estudou comunicacións, cine e ciencias políticas na Universidade Concordia.

Pouco despois de graduarse, produciu o seu primeiro filme, The Voyage of the Saint Louis, que conta o intento de 937 xudeus alemáns de escapar da Alemaña nazi en barco. O filme mostra a viaxe a Cuba e aos Estados Unidos de América en 1939, de onde os refuxiados se viron obrigados a regresar a Alemaña. A obra de Bahari foi a primeira película dun musulmán que trata sobre o Holocausto. Cando se lle preguntou sobre a súa motivación, Bahari citou un seminario dos seus días de estudante na Concordia:Na prisión Evin de Teherán, foi acusado, en referencia a esta película, de estar nunha misión a favor dos sionistas.

En 1997, Bahari comezou a informar sobre Irán e produciu documentais independentes. Un ano despois converteuse no correspondente en Irán da revista Newsweek. Nos anos seguintes, ademais do seu traballo xornalístico, produciu numerosos documentais e reportaxes para Channel 4 e a BBC, incluíndo sobre a vida do clero xiíta, a arquitectura africana, o entusiasmo do fútbol iraniano e a historia contemporánea iraniana.

Detención e liberación O 21 de xuño de 2009, nos protestos contra a fraude electoral, Bahari foi arrestado e levado á prisión de Evin. Durante a detención, en xullo, apareceu na televisión iraniana, onde declarou que os xornalistas occidentais traballaban como espías. Este material foi difundido polo canal iraniano afín ao goberno, PressTV. En algunha prensa occidental afirmouse que Bahari fora forzado a acusarse a si mesmo de preparar unha revolución de cores e de participar en manifestacións ilegais.

En 2011, Random House publicou as súas memorias Then They Came For Me: A Family's Story of Love, Captivity, and Survival, que coescribiu coa autora Aimee Molloy. No libro, Bahari conta a súa historia familiar e o seu encarceramento. En 2014, Jon Stewart adaptou o libro á película Rosewater, que ten como protagonistas ao actor Gael García Bernal e Claire Foy como a súa dona Paola.

Vida privada Bahari está casado coa avogada italo-inglesa Paola Gourley. A parella ten unha filla, nacida en outubro de 2009, pouco despois da saída de prisión de Bahari.

Recoñecementos

En 2003, o Harvard Film Archive describiu así o traballo de Bahari: "Nun país coñecido por filmes de ficción neorrealistas centrados en pequenos eventos da vida de individuos, a obra de Maziar Bahari é algo anómalo. Empregando un estilo documental tradicional para explorar eventos culturais de máis alcance, os filmes de Bahari ofrecen un ollar interior da cultura iraniana, revelan o elemento humano tras os titulares e capturan verdades culturais a través da lente da experiencia individual. Representando unha nova xeración de cineastas, as súas visións contundentes sobre problemas sociais no seu país provocaron controversia e aclamación internacional." Emmy de 2005 2007 Retrospectiva das películas de Bahari con motivo do Festival Internacional de Cine Documental de Amsterdam En 2009, Desmond Tutu propúxoo ao Premio Príncipe de Asturias na categoría “Unidade”.

Filmografía

1999: Paint! No Matter What 2004: Mohammad and the Matchmaker (curtametraxe) 2004: And Along Came a Spider 2005: Targets: Reporters in Iraq (telefilme documental) 2008: Countdown 2010: An Iranian Odyssey 2012: Forced Confessions 2014: To Light a Candle

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entervista con Maziar Bahari - The Daily Show with Jon Stewart - 6 de xuño de 2011

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Irán Categoría:Directores de cinema de Irán Categoría:Directores de cinema do Canadá