Representación de Vishnu na arte Pahari, sentado en posición de meditación sobre unha flor de loto, cos seus atributos.|alt=Vishnu cos seus atributos|miniatura
Vishnu, Visnú ou Vixnu en sánskrito Viṣṇu - tamén denominado Hari, é un deus hindú, asociado á conservación e á protección. É o segundo deus da trimurti (tres formas, ás veces traducido inexactamente como trindade hindú), con Brahma e Shiva. É unha divindade de vida-morte-resurrección.
Características esquerda|miniatura|Vishnu explícalle a Arjuna os seus doce avatares. A trimurti representa o ciclo vital: Brahma é o creador; Vishnú é o protector; Shiva é o destrutor.
Vishnu represéntase a miúdo sentado ou repousando sobre un loto. A súa esposa é Lakshmi, a deusa da riqueza e da boa fortuna, a súa montura Garuda, a aguia. Vishnu, con axuda dos rishis, negociou a tregua entre Vritra e Indra.
A Terra, Bhūmi ou Bhû Devi, é tamén, ás veces, considerada como súa esposa. Vishnu salvouna, de feito, das augas so a forma do seu avatar Varâha. Os seus lazos matrimoniais ligan a deidade coa realeza, a Terra (Bhūmi) e a fortuna (Lakshmi), sendo os dous principios unidos ao rei. En efecto, un dos termos para designar o rei en sánscrito é bhūpati, que pode significar "amo" ou "esposo" da Terra, sendo o termo pati ambivalente. A mitra, da que está toucado, confirma esta función real e demostra que no hinduísmo posvédico, mesmo se Indra posúe sempre o título de rei dos deuses, é Vishnu de feito quen opera con esa función. Esta preeminencia está, por outra banda, confirmada por numerosos mitos, nos que Vishnu ou un dos seus avatares humilla a Indra. Como especialmente acontece no episodio de Krishna levantando o monte Govardhana.
Adoración miniatura|Templo Birla Mandir, dedicado a Vishnu, en Hyderabad. A adoración a Vishnu e os seus dez avatares principais, como Rama, Krishna, Ranganatha etc., simboliza a preservación e protección do universo. Vishnu recibe veneración en numerosos templos na India como no sueste asiático, como o Birla Mandir, e estruturas arquitectónicas que lle son dedicadas, como as torres Prang, inspiradas no monte Meru.
Influencia cultural e relixiosa A influencia de Vishnu esténdese alén da India, deixando unha pegada en culturas do sueste asiático. O Angkor Wat en Camboxa, inicialmente dedicado a Vishnu, é un exemplo de sincretismo co budismo. En Balí, a veneración a Vishnu dentro do contexto do hinduísmo balinés, que mestura elementos hindús, budistas e animistas, reflicte tamén esta interacción cultural.
Notas
Véxase tamén
Rama (hinduísmo) Krishna
Categoría:Vishnu Categoría:Deuses do hinduísmo Categoría:Deuses do comercio Categoría:Deuses solares