miniatura|"Grettir feels Kárr's grip": o morto vivente Kárr, un morador das antas ou haugbúi, ataca un visitante no seu túmulo. Ilustración de Henry Justice Ford, 1902 As criaturas das antas son seres semellantes a espectros no mundo da Terra Media de J. R. R. Tolkien. N’O Señor dos Aneis, os catro hobbits son apreixados por unha criatura das antas, e conseguen escapar con vida de milagre; como contrapartida polo transo, fanse cunhas espadas moi antigas forxadas no Lado Oeste.

Tolkien tirou a idea das criaturas das antas da mitoloxía nórdica, na que heroes de varias sagas combaten mortos viventes denominados draugrs. Os académicos tamén poñen de relevo unha analoxía entre a disolución do meigalllo da criatura das antas e a derradeira batalla de Beowulf, onde se entra no túmulo do dragón e se desfai o feitizo que encantaba o tesouro. As criaturas das Antas non aparecen na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, pero si en videoxogos ambientados na Terra Media de Tolkien.

Orixes miniatura|upright=0.6|Na Saga de Grettir, Grettir (na imaxe) loita con Kárr, un morto vivente que custodia o seu túmulo. Manuscrito islandés do século XVII

Unha anta é un túmulo coma os que se empregaban no Neolítico.

O substantivo orixinal en inglés para as criaturas, wight, do inglés antigo wiht, fai referencia a unha persoa ou outro ser sentinte.

Na mitoloxía nórdica existen historias de vættir ou draugr, espíritos con corpo tanxíbel vencellados ás tumbas. En Noruega, a poboación de zonas rurais como Eidanger cría que os mortos seguían a vivir nas súas tumbas en forma de vetter ou espíritos protectores, e a tradición de ofrecer sacrificios nos túmulos perdurou até a era moderna.

Na súa obra "Nomenclature of The Lord of the Rings", Tolkien explica que "criatura das antas” ("barrow-wight" no orixinal inglés) era un "nome inventado", á diferenza doutros que existiran en inglés antigo, como "orco". Nunha charla sobre Beowulf explicou así mesmo o significado dos orcneas ("cadáveres infernais"), os monstros malignos nacidos de Cain e que desembocaron no monstro Grendel:

Porén, Andrew Lang empregou o termo na súa obra de 1891 Essays in Little, onde escribe "Nas tumbas onde se amasaban tesouros moraban as criaturas das Antas, pantasmas que exercían de sentinelas do ouro." Eiríkr Magnússon e William Morris tamén o utilizaron na súa tradución de 1869 da Saga de Grettir, que describe unha pelexa contra unha "criatura das antas " ou "morador das antas", Kárr:

A Saga de Grettir liga ademais a derrota da criatura das antas coa recuperación dun antigo tesouro no que repara o herdeiro da liñaxe á que pertencera outrora:

A Saga de Grettir chama os mortos viventes Glámr e Kárr haugbúar ("moradores das antas", singular haugbúi; un termo similar é draugr). Esta denominación serviu de influencia para as criaturas das antas de Tolkien, xa for directamente a partir da lingua nórdica antiga ou a través da tradución de Magnússon e Morris.

As criaturas das antas figuran na literatura escandinava da era moderna, por exemplo nas canción n.º 32 de 1791 Träd fram du Nattens Gud ("Adiante, deus da noite") do poeta sueco Carl Michael Bellman, cuxa segunda estrofa di así (traducido):

Tanto a criatura das antas coma o personaxe de Tom Bombadil aparecen por primeira vez dentro da obra de Tolkien no seu poema The Adventures of Tom Bombadil, publicado no número de Oxford Magazine do 15 de febreiro de 1934.

Narrativa n’O Señor dos Aneis miniatura|upright=1.25|"Dúas enormes pedras fincadas" como unha porta: Un túmulo alongado, o dolmen de Locmariaquer, na Bretaña. A cámara é unha pasaxe con espazos máis anchos para soterramentos e enxovais.

miniatura|upright=1.25| A Cultura de Hallstatt da Idade de Bronce Final en Europa empregaba enxovais funerarios, como espadas en forma de folla.

O Rei Bruxo de Angmar enviou espíritos malignos ás Lombas das Antas para impedir a restauración do destruído reino Dúnedain de Cardolan, un dos tres vestixios existentes do Reino Dúnedain de Arnor., book 1, ch. 8 "Fog on the Barrow-downs", Appendix A, "The Númenorean Kings", "Eriador, Arnor, and the Heirs of Isildur" Eses espíritos reanimaron os esqueletos dos Dúnedain mortos, así coma outros máis antigos dos Edain da Primeira Idade que seguían soterrados alí.

Tras despedírense os hobbits de Tom Bombadil, unha criatura das antas atrapa e case que mata a Frodo Bulseiro e compañía:

Frodo consegue resistir o meigallo da criatura; ollando ao seu redor, ve os outros hobbits ataviados con enxovais funerarios, vestidos de branco con diademas e cadeas de ouro, contornados por espadas e escudos, e cunha espada apoiada por riba dos seus pescozos. Colle unha espada curta e rabénalle a man á criatura. Cando esta extingue a tenue luz da caverna, Frodo chama por Tom Bombadil, quen expulsa a criatura da anta, rescata os hobbits e apaña o tesouro desta, no cal había antigas espadas Númenorianas. Frodo ve que a man amputada segue a se remexer por si soa.

O túmulo era o do derradeiro príncipe de Cardolan; O berro de Merri ao espertar do seu transo así o confirma, pois nomea Carn Dûm, capital de Angmar, reino en constante guerra con Númenor (e como Bombadil explica máis tarde):

Bombadil equipa os hobbits coas armas do tesouro das antas, que se darían en chamar espadas das Antas:

Moito despois, cando Pipin xura lealdade ao Mordomo de Gondor, Denethor II, o ancián examina a súa espada e pregúntalle —en palabras que lembran á Saga de Grettis— "De onde procede? ... Ten moitos anos, e trátase sen dúbida dunha folla forxada pola nosa propia raza no norte, nun pasado remoto", libro 5, cap. 1 "Minas Tirith"

Relevancia O experto en Tolkien Tom Shippey comenta que se trata dun "momento destacado" cando Merri esperta do meigallo da criatura na anta e "lembra só unha morte allea". Sinala que Merri asume a personalidade do guerreiro, non á da criatura, xa que Tom recorda os mortos con afecto. Segundo Shippey, isto perpetúa a cuestión de quen ou que era a criatura. A roupaxe branca, a man a se remexer e os hobbits dispostos en pose funeraria imprimen a emoción propia da fantasía, pero co fundamento do seu vencello a unha historia máis ampla que, cando menos, se insinúa.

O académico literario Patrick Callahan observa que todo o episodio de Bombadil semella desconexo do resto do relato, pero que a historia da criatura das antas garda parecido co derradeiro enfrontamento de Beowulf, onde o rei, xa vello, parte para combater o dragón do túmulo. Morre no lance, pero recupérase o tesouro do túmulo funerario e esconxúrase a maldición que pesaba sobre el, o mesmo cá da criatura. Callahan engade que a criatura das antas pertence á "clase das aparicións, ou 'mortos viventes'", coma na saga de Grettis, que Tolkien coñecía.

Nos medios modernos

Peter Jackson omitiu as criaturas das antas da súa triloxía cinematográfica The Lord of the Rings. O experto en humanidades Brian Rosebury sostén que é unha escolla aceptábel para acurtar a metraxe, porque o episodio non afecta significativamente a historia. Doutra banda, o experto en Tolkien John D. Rateliff sinala que, como os Hobbits non adquiren as súas espadas antigas do tesouro da criatura das antas, recíbenas dun xeito forzado do seu compañeiro de viaxe Aragorn no Cumio do Vento cando o grupo está a piques de ser atacado; dáse a casualidade de que leva consigo catro espadas de tamaño axeitado para Hobbits, malia que só agardaba ver a Frodo e a Sam.

Malia a seren omitidas na triloxía cinematográfica de Peter Jackson, as criaturas das antas aparecen en xogos como The Lord of the Rings Roleplaying Game. A adaptación rusa de baixo orzamento de 1991 d’A Irmandade do Anel, Khraniteli inclúe unha criatura das antas, sendo, segundo parece, o primeiro filme en facelo.

As criaturas das antas aparecen na segunda tempada de The Lord of the Rings: The Rings of Power. Jason Smith, o supervisor de efectos visuais, describiu a adaptación destes seres como "antigos heroes revividos que cometen maldades en contra da súa vontade". Smith engadiu que o deseño dos personaxes reflectiría a súa condición de nobres en vida como "[r]eis, raíñas e funcionarios de alto nivel", que salientan polos seus "ollos azuis brillantes, que atravesan a escuridade". O equipo de efectos visuais de The Rings of Power aproveitou a oportunidade para reflexionar sobre a obra escrita de Tolkien, e Smith comentou que, "A sensación que che dan as pasaxes é a dunha catástrofe que se achega, non pola súa rapidez, senón porque é infatigábel.... É unha ameaza que te invade aos poucos até que non tes onde ir e morres."

Referencias

Primarias

Secundarias

Fontes

Categoría:Monstros da Terra Media