miniatura|400x400px|Moedas-barra de ferro británicas

As moedas-barra de ferro forn unha forma premonetal de diñeiro consistente en barras de ferro con distintas formas, que foi a primeira manifestación de moeda utilizada en Gran Bretaña,Allen, D. (1968). xa que xurdiron arredor do ano 200 a.C.Cunliffe, B. (2005). Páxinas 495-496.

Os achados do castro de Hod Hill, no condado de Dorset, suxiren que as moedas-barra de ferro deixaron de utilizarse cando se comezaron a producir as primeiras emisións locais de moeda convencional, cara ao 100 a.C.

Historia e caracterización Estas manifestacións premonetais, que apareceron cara ao ano 200 a.C., respondían a catro tipos: en forma de espada, en forma de espeto, en forma de arado e en forma de folla de loureiro. Suxeriuse a posibilidade de que cada unha destas formas gardase relación coa súa procedencia xeográfica. O peso das barras sitúase xeralmente entre 0,3 e 0,5 quilogramos. As máis comúns son as que teñen forma de espeto, que representan a metade de todos os espécimes achados, en tanto que as barras en forma de espada representan outro 40 por cento.Henderson, J. (2000). Páxinas 280-282.

Nos Commentarii de Bello Gallico (“Comentarios sobre a Guerra das Galias”), de Xulio César, menciónase o que parece ser unha destas barras de ferro, mais as variacións nos textos conservados fan pensar na posibilidade de que o texto orixinal se referise realmente a aneis de ferro tamén usados como moeda. Porén, a hipótese das barras de ferro considérase a máis probable á luz das descubertas arqueolóxicas.Einzig, P. (2014). Páxinas 234-238.

Achados Acháronse algunhas destas barras de ferro en diversos castros, 27 delas en Hod Hill.Cunliffe, B. (2005). Páxina 499.Papworth, M. (2011). Páxina 117. As barras achadas no castro de Danebury, Hampshire, parece que sufriron algún proceso de transformación.

Un dos achados máis significativos foi o do castro de Meon Hill, en 1824, no que se acharon 394 exemplares, que marcou o inicio do coñecemento moderno das barras de ferro utilizadas como moeda en Gran Bretaña."Multivallate hillfort on Meon Hill official list entry". historicengland.org.uk.

Distribución por tipos Esta é a distribución xeográfica das zonas onde apareceu con máis frecuencia cada unha das catro formas destas barras de ferro:

FormasPrincipais zonas de achadosEspadaHampshire, Dorset, ao longo da Jurassic Way (desde Banbury, Oxfordshire, ata Stamford, en Lincolnshire ) e cara ao Humber.EspetoCotswolds e Somerset.AradoVal do Támese, Kent e Midlands orientais e occidentais.Folla de loureiroCambridgeshire.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda celta de Gran Bretaña

Bibliografía Allen, D. (1968). "Iron Currency Bars in Britain". En Proceedings of the Prehistoric Society. Nº 33. Páxinas 307-335. Cunliffe, B. (2005). Iron Age Communities in Britain: An Account of England, Scotland and Wales from the Seventh Century BC until the Roman Conquest (4ª ed.). Routledge. ISBN 978-0415347792 Einzig, P. (2014). Primitive Money: In its Ethnological, Historical and Economic Aspects. Elsevier. ISBN 978-1483157153 Henderson, J. (2000). The Science and Archaeology of Materials: An Investigation of Inorganic Materials. Routledge. ISBN 0415199344 Papworth, M. (2011). The Search for the Durotriges Dorset and the West Country in the Late Iron Age. The History Press. ISBN 9780752498478

Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas do Reino Unido Categoría:Sistemas de pagamento Categoría:Celtas Categoría:Idade de Ferro