Suzanne Frey-Kupper, nada en Baden, cantón suízo de Argovia, o 26 de xullo de 1958, é unha numismática e arqueóloga clásica suíza, catedrática da Estudos Clásicos e Historia Antiga na Universidade de Warwick.

Frey-Kupper está especializada no estudo das emisións monetarias gregas, púnicas e romanas, sinaladamente no papel destas moedas nos procesos históricos e como axentes sociais.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Suzanne Frey-Kupper naceu en Baden, Argovia, en 1958, filla de Käthi Kupper Gammeter e de Walter Kupper."Données personnelles et contacts". Frey-kupper.net

Cursou os seus estudos superiores de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade de Zürich, dos que se licenciou en 1987, cunha tese sobre os achados monetarios de Monte Iato, en Sicilia. En 2007 acadou o seu doutoramento en Historia Antiga na Universidade de Lausana."Prof. Suzanne Frey-Kupper". University of Warwick (Warwick.ac.uk)."Recherche et enseignement". Frey-kupper.net

Carreira profesional En 1985 foi unha das fundadoras do Grupo Suízo para o Estudo de Achados Monetarios (GSETM), do que ocupou a presidencia. Entre 1985 e 1989 o Cantón de Soleura encomendoulle o estudo das súas coleccións numismáticas, e en 1990 pasou a formar parte do Servizo de Monumentos Arqueolóxicos e Históricos de Soleura, no que se encargou dos achados monetarios."Activités professionnelles". Frey-kupper.net

No período 1991-1998 dirixiu a sección francófona do Inventario de Achados Monetarios Suízos (ITMS), da Academia Suíza de Humanidades e Ciencias Sociais (ASSH).

Frey-Kupper traballou en varios proxectos numismáticos e arqueolóxicos, e dirixiu varios deles para o Servizo Arqueolóxico do Cantón de Berna e no sitio arqueolóxico e no museo de Aventicum. A partir de 2003 colaborou tamén no proxecto sobre as cuñaxes de Monte Iato, en Sicilia.

Entre 2007 e 2011 foi profesora na Universidade de Zürich, e a partir deste último ano incorporoouse á Universidade de Warwick, en Coventry, Inglaterra,"Suzanne Frey-Kupper wird Professorin in Warwick GB". En Schweizer Münzblätter. Nº 61-243. 2011. Páxina 96. onde ademais da docencia e a investigación se responsabilizou da colección didáctica de moedas antigas. Tamén foi profesora visitante en dúas ocasións: a primeira en 2014, na American Numismatic Society; de Nova York, e a segunda en 2017, na Universidade de Padua.

Entre os intereses das súas investigacións cómpre salientar o estudo das moedas grega, púnica e romana, e do Mediterráneo occidental, sinaladamente as moedas en contextos arqueolóxicos, así como o seu papel nos procesos históricos e como axentes sociais.

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Suzanne Frey-Kupper é membro da Sociedade Suíza de Numismática, da Royal Numismatic Society de Londres, da Sociedade Francesa de Numismática, do Instituto Italiano de Numismática, da Sociedade Suíza de Prehistoria e Arqueoloxía e da Asociación para a Arqueoloxía Romana de Suíza.

Vida persoal Suzanne Frey-Kupper casou en 1984 con Albert Frey, un teólogo especialista na literatura apócrifa cristiá.

Recoñecementos

2008: Premio pola súa tese de doutoramento, da Universidade de Lausana.Zäch, B. (2008). "Prix de la Faculté des lettres de l'Université des Lausanne für Suzanne Frey-Kupper". En Schweizer Münzblätter. Nº 58-232. Páxina 126. 2016: Premio pola súa contribución, da Universidade de Warwick.Weiss, C. (2016). "Suzanne Frey-Kupper gewinnt Global Contribution Award". En Schweizer Münzblätter. Nº 66-263. Páxina 83. 2024: Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Jeton de vermeil de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)."Jeton de vermeil 2024 – Mme Suzanne Frey-Kupper". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). En 2013 , Frey-Kupper foi obxecto dunha publicación de homenaxe co gallo do seu 55 aniversario, baixo a dirección de Simon Frey.Frey, S. (ed.) (2013). La numismatique pour passion: Études d'histoire monétaire offertes à Suzanne Frey-Kupper par quelques-uns de ses amis à l'occasion de son anniversaire 2013. Éditions du Zèbre, Lausanne. ISBN 2-940351-15-5

Escolma de publicacións Suzanne Frey-Kupper é unha prolífica autora de artigos e colaboracións en diversas publicacións especializadas nos seus ámbitos de interese, así como dalgúns traballos monográficos."Bibliographie". Frey-kupper.net"Suzanne Frey-Kupper". Warwick.academia.edu

Escolma de monografías

(2013). Die antiken Fundmünzen vom Monte Iato (1971–1991). Ein Beitrag zur Geldgeschichte Westsiziliens. Éditions du Zèbre, Lausana. Dous volumes: ISBN 978-2-940351-16-9 e ISBN 978-2-940351-17-6 (2017). Le trésor de Thun 1955 (CH Berne). 2'304 monnaies romaines au terminus 293 de notre ère (con S. Estiot e P. Zanchi). Académie suisse des sciences humaines et sociales, Berna. ISBN 978-2-940086-14-6 (2018).Aventicum I. Les monnaies de sept sanctuaires romains d'Avenches (con I. Liggi Asperoni e N. Wolfe-Jacot). Académie suisse des sciences humaines et sociales, Berna. ISBN 978-2-940086-15-3 (2019). Contexts and the contextualization of coin finds (con C. Stannard e N. Wolfe-Jacot). Ëditions du Zèbre, Lausana. ISBN 978-2940557035

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cunz, R. (2011). "Suzanne Frey-Kupper". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 9. Páxina 339.

Ligazóns externas

Web de Suzanne Frey-Kupper Vídeo: "The Invention of Greek Coinage" (Prof. Suzanne Frey-Kupper)

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Alumnos da Universidade de Lausana Categoría:Profesores da Universidade de Lausana Categoría:Profesores da Universidade de Warwick