Idomeneo (en grego antigo Ἰδομενεύς; en latín, Idomeneus) foi un filósofo epicúreo grego que floreceu entre o -310 e o -270. Traxectoria Natural de Lampsaco e discípulo de Epicuro. Casou con Batis, irmá de Sandes de Lampsaco, outro discípulo de Epicuro.
Escribiu un número considerábel de obras filosóficas e históricas, aínda que estas últimas non foron consideradas de gran valor por Plutarco, pero seguramente daban datos interesantes, xa que estaban dedicadas á vida privada dos personaxes máis insignes de Grecia. As obras perdéronse, pero Suídas e Dióxenes Laercio mencionan os seguintes títulos:
1. , obra mencionada só por Suídas. 2. (Sobre os socráticos). 3. Unha obra sobre os Pisistrátidas. 4. Unha obra sobre Temístocles. 5. Unha obra sobre Arístides. 6. Unha obra sobre Pericles. 7. Unha obra sobre Demóstenes. 8. Unha obra sobre Esquines. 9. Unha obra sobre Hipérides. 10. Unha obra sobre Foción.
Pénsase que estas obras podían formar un conxunto, cuxo título probabelmente fose ("como fala Idomeneo sobre os demagogos").
Notas
Categoría:Logógrafos Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Nados na provincia de Çanakkale Categoría:Filósofos da Grecia antiga