Maranta é un xénero de plantas con flores da familia Marantaceae, nativo de América Central, de América do Sur e das Indias Occidentais.
Características Recoñécense entre 40 e 50 especies. Todas elas teñen rizomas e forman de maneira natural, matas perennes que poden alcanzar os 50 cm de altura, cunhas vistosas follas oblongoides, variegadas ou manchadas segundo a especie e a variedade. Poden presentar tons verdes, vermellos ou crema, de textura veluda ou brillante, e nervios moi marcados. Durante o día, as follas son planas e ao final do día, dóbranse, de aí o nome común "planta da oración", que se asocia co xénero e as súas especies. As flores son pequenas, con tres pétalos e dous estaminodios maiores semellantes a pétalos.
Etimoloxía O nome deste xénero púxose en honra ao botánico veneciano do século XVI, Bartolomeo Maranta.
Especies Maranta amazonica L.Andersson Maranta amplifolia K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.) Maranta anderssoniana Yosh.-Arns, Mayo & M.Alves Maranta arundinacea L. (arrowroot, type species) Maranta bracteosa Petersen Maranta burchellii K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.), Maranta cordata Körn. Maranta coriacea S.Vieira & V.C.Souza Maranta cristata Nees & Mart. Maranta depressa E.Morren Maranta divaricata Roscoe Maranta foliosa Körn. Maranta friedrichsthaliana Körn. Maranta furcata Nees & Mart. Maranta gibba Sm. in A.Rees Maranta hatschbachiana Yosh.-Arns, Mayo & M.Alves Maranta humilis Aubl. Maranta incrassata L.Andersson Maranta leuconeura E.Morren (prayer plant) Maranta lietzei (E.Morren) C.H.Nelson Maranta lindmanii L.Andersson Maranta linearis L.Andersson Maranta longiflora S.Vieira & V.C.Souza Maranta longipes K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.) Maranta longiscapa S.Moore Maranta noctiflora Regel & Körn. Maranta parvifolia Petersen Maranta phrynioides Körn. Maranta pleiostachys K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.) Maranta pluriflora (Petersen) K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.) Maranta pohliana Körn. Maranta protracta Miq. Maranta pulchra S.Vieira & V.C.Souza Maranta purpurea S.Vieira & V.C.Souza Maranta pycnostachys K.Schum. in H.G.A.Engler (ed.) Maranta rugosa J.M.A.Braga & S.Vieira Maranta ruiziana Körn. Maranta rupicola L.Andersson Maranta sobolifera L.Andersson Maranta subterranea J.M.A.Braga Maranta tuberculata L.Andersson Maranta zingiberina L.Andersson
Notas
Véxase tamén
Categoría:Marantaceae