Hassan Nasrallah (en árabe: حسن نصر الله, romanizado: Ḥasan Naṣr-Allāh) nado en Bourj Hammoud, un barrio de Beirut o 31 de agosto de 1960Tucker & Roberts 2008, p. 727 e finado tamén en Beirut o 27 de setembro de 2024, foi un crego xiíta e político libanés.

Dende 1992, foi o secretario xeral e guía espiritual do partido político e milicia Hezbolá, dende o asasinato en 1992 do anterior dirixente, Abbàs al-Musawí, por parte das Forzas de Defensa de Israel, e era considerado como unha das figuras máis influentes de Oriente Medio que espallou a influencia de Hezbolá, e tamén, é definido como un dos dirixentes de facto de Líbano.

No Líbano, é visto como a principal cara da resistencia a Israel. Coa liberación do sur do Líbano da ocupación israelí en 2000, logo a guerra de xullo de 2006, foi considerado un heroe por algúns libaneses pero como un inimigo mortal por Israel.

Hezbolá cultivou a imaxe nos medios de Nasralah como unha autoridade carismática e en medios como Al Jazeera foi comparado xunto con outros líderes árabes como Yasser Arafat e Gamal Abdel Nasser, e con revolucionarios de esquerdas como Che Guevara e Fidel Castro, e destacou a súa popularidade en Palestina. Porén, esa imaxe foise debilitando posteriormente.

O 28 de setembro de 2024, o exército israelí afirmou que o matou nun ataque aéreo en Beirut, como parte dunha intensificación dos bombardeos contra Hezbolá no Líbano, na denominada "Operación Espadas de Ferro", e no que tamén morreron seis persoas, houbo 91 feridos e arrasou seis edificios de vivendas. Aos poucos, o grupo libanés confirmou a morte do seu líder.

Traxectoria

Familia e primeiros anos Nasrallah foi o noveno dunha familia de dez fillos dunha familia xíi en Bourj Hammoud, distrito de Matn, un dos barrios pobres do leste de Beirut. Proviña dunha familia humilde, seu pai era vendedor de froitas e verdurasYoung 2010, p. 98 e, cando apenas tiña 15 anos, o comezo da Guerra civil no Líbano, en 1975, obrigou a Nasrallah e á súa familia a volver ao sur do Líbano á casa orixinaria dos pais, onde viviran antes do nacemento do seu primoxénito Nasrallah, en Al Bazuriyah.

Nese contexto, e aínda que a súa familia non era considerada relixiosa, segundo os estándares libaneses, asistiu á escola al-Najah e máis tarde a unha escola pública no barrio predominantemente cristián de Sin el Fil; mais el estaba interesado nos estudos teolóxicos e, aos quince anos, comezou a estudar teoloxía e literatura islámicas e fíxose membro do Movemento Amal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Beirut Categoría:Políticos do Líbano