Harald Lesch, nado o 28 de xullo de 1960 en Gießen, Hesse, é un astrónomo alemán, físico, filósofo natural, escritor, presentador e profesor na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic (LMU) e na Universidade de Filosofía de Múnic (Hochschule für Philosophie München). É moi coñecido en Alemaña polas súas extensas contribucións á divulgación científica a través de varios programas de televisión.

Traxectoria

Formación e docencia Após completar o ensino secundario en 1978 na Theo-Koch-Schule de Grünberg, Hesse, Lesch estudou Física na Universidade de Giessen e despois na Universidade de Bonn, onde completou o seu doutoramento en 1987 e traballou no Instituto Max Planck de Radioastronomía. De 1988 a 1991 foi axudante de investigación no observatorio Estatal de Heidelberg-Königstuhl. En 1992 foi profesor visitante na Universidade de Toronto. En 1994 foi habilitado na Universidade de Bonn. miniatura| Lesch en 2010|esquerda|409x409px Desde 1995, Lesch é profesor de astrofísica teórica no Instituto de Astronomía e Astrofísica da LMU de Múnic. Ademais, ensina filosofía natural na Universidade de Filosofía de Múnic. As súas principais áreas de investigación son a física do plasma cósmico, os buracos negros e as estrelas de neutróns. É o experto en astrofísica da Deutsche Forschungsgemeinschaft (DFG) (Sociedade Alemá de Investigación) e membro da Astronomische Gesellschaft (Sociedade Astronómica). Tamén é autor de varios libros de texto.

Desde 1998, Lesch presentou diversas series para o canal BR-alpha, incluíndo alpha-Centauri, Lesch & Co., Denker des Abendlandes e Alpha bis Omega. Tamén presentou series televisivas máis breves, tentando facer accesibles ao público temas complexos de física e filosofía. Aparicións en televisión Durante moitos anos, Lesch presentou varias series de televisión para a canle BR-alpha, algunha xunto co profesor de filosofía Wilhelm Vossenkuhl. Entre elas, Alpha bis Omega trata a contradición e a coherencia da relixión e da ciencia natural, a través de conversas entre Lesch e o teólogo católico Thomas Schwartz.

Na celebración do Ano de Einstein 2005, BR-alpha emitiu a serie de 8 capítulos The Physics of Albert Einstein, onde en cada episodio, Lesch presentou un único descubrimento científico de Einstein, explicando o seu significado.

Para a canle de televisión de pago Syfy diferenciou os compoñentes científicos e ficticios da franquía Star Trek na serie Star Trek – Science vs. Fiction. De abril até finais de 2007, Lesch moderou o programa semanal Sci_xpert de 5 minutos para esta canle, que trataba preguntas dos espectadores sobre, principalmente, a viabilidade dos conceptos de ciencia ficción.

Desde setembro de 2008, Lesch presenta a revista académica ZDF Abenteuer Forschung (Aventuras na investigación). Ao comezo do "Ano Internacional da Astronomía 2009", Lesch moderou en ZDF un especial de 2 horas e media.

Desde 2010, Lesch presenta o espectáculo Lesch's Kosmos, un programa de 15 minutos na canle de documentais alemá ZDFneo que trata temas de diversos ámbitos científicos.

Desde maio de 2024, Lechs presenta un novo formato de programa en ZDF, trocando o nome do antigo Lech's Kosmos a Terra X.

Premios e honras miniatura| Harald Lesch recibiu o Deutscher Fernsehpreis en 2019|269x269px 1988 Otto-Hahn-Medallion da Sociedade Max Planck (pola tese "Nonlinear Plasma Processes in Active Galactic Cores") 1994 Premio Bennigsen-Foerder do Land de Renania do Norte-Westfalia (75.000 EUR): "Quentamento das nubes galácticas de alta velocidade mediante a reconexión magnética" 2004 Premio de Xornalismo Científico da Fundación Grüter (10.000 euros) No ano 2005 foi galardoado co Premio Communicator pola DFG, dotado con 50.000 euros, e o Stifterverband für die Deutsche Wissenschaft polas súas aparicións divulgativas e publicacións. En 2009 recibiu o Medallón en Ouro da Sociedade Astronómica de Nuremberg. "Bene Merenti de Astronomia Norimbergensi" e o Premio IQ. O 15 de marzo de 2011, a Naturforschende Gesellschaft zu Emden (Sociedade de Investigación da Natureza) concedeulle unha membresía honoraria como recoñecemento ao seu traballo para facer comprensibeis ao gran público os achados científicos. Premio Hanns Joachim Friedrichs en 2019 En 2023 recibiu a Cruz de Oficial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Antropoceno Cosmoloxía Divulgación científica

Categoría:Ecoloxistas de Alemaña Categoría:Presentadores de televisión de Alemaña Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Nados en 1960 Categoría:Astrónomos de Alemaña Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Divulgadores Categoría:Filósofos da ciencia Categoría:Filósofos de Alemaña