Os mosteiros de Haghpat e Sanahin (en armenio: Հաղպատավանք) son dous lugares relixiosos da Igrexa apostólica armenia na provincia de Lori, en Armenia.

Construídos durante o reinado da dinastía Kiurikie, fundadores do Reino de Lori (entre os séculos X ao XIII), foron importantes centros de aprendizaxe. O mosteiro de Sanahin en particular era famoso pola súa escola de caligrafía. Os dous complexos do mosteiro mostran o mellor da arquitectura armenia daquela época.

Os mosteiros están catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O mosteiro de Haghpat foi catalogado en 1996 e o mosteiro de Sanahin engadiuse en 2000.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sanahin Monastic Complex - Lori Monasteries of Haghpat and Sanahin UNESCO collection on Google Arts and Culture

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Armenia Categoría:Mosteiros de Armenia