Mac OS X Jaguar (versión 10.2) é a terceira versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Substituíu a Mac OS X Puma e precedeu a Mac OS X Panther. O sistema operativo foi lanzado o 23 de agosto de 2002. Estaba dispoñible tanto para instalacións nun só ordenador como nun "paquete familiar" que permitía realizar cinco instalacións en ordenadores distintos nunha mesma casa. Jaguar foi a primeira versión de Mac OS X en utilizar publicamente o seu nome en clave en mercadotecnia e publicidade.
Características Contaba cun novo incremento no seu rendemento, un novo e depurado look e máis de 150 melloras que inclúen:
Maior soporte para redes de Microsoft Windows. Quartz Extreme para a composición de gráficos sexa procesada directamente pola tarxeta de vídeo. Un filtro adaptativo contra spam. Apple Address Book para almacenar a información de contactos. Sistema de rede Rendezvous (unha implementación de Apple de Zeroconf; renomeada a Bonjour por problemas legais na versión 10.4). iChat: Un programa de chateo con soporte de AOL Instant Messenger. Un renovado Finder con procuras integradas en cada fiestra. Ducias de novas características do Apple Universal Access. Sherlock 3: Servizos web. CUPS (Common Unix Printing System): que permite o uso de drivers GIMP-print, hpijs e demais para impresoras non soportadas oficialmente.
No Reino Unido non se utilizou oficialmente o nome de Jaguar para referirse a Mac OS X v10.2 para evitar entrar en conflito co fabricante de automóbiles Jaguar, aínda que a caixa e os CDs seguiron conservando o logo con pel de Jaguar.
Notas
Categoría:Versións macOS