Fumio Kishida (en xaponés: 岸田 文雄), nado o 29 de xullo de 1957 en Shibuya, é un político xaponés. Pasou os seus primeiros anos na cidade de Nova York. Foi primeiro ministro do Xapón do 4 de outubro de 2021 até o 1 de outubro de 2024. En setembro de 2021, foi electo presidente do Partido Liberal Democrático. Durante o goberno de Shinzo Abe foi ministro de Asuntos Exteriores, de 2012 a 2017. Kishida foi electo para a Cámara de Representantes en 1993.
En 2023 saíu ileso dun atentado con explosivos.
En agosto de 2024, tras recibir un escaso número de votos, Kishida anunciou que non se presentaría á reelección en setembro para a dirección do seu partido.
Traxectoria
Kishida estudou Dereito na Universidade de Waseda e graduouse en 1982.
É membro da Cámara de Representantes do Partido Liberal Democrático (PLD) desde 1993. Serviu no gabinete de Yasuo Fukuda como ministro de Estado para os asuntos de Okinawa e os territorios do norte, política científica e tecnolóxica, política de calidade de vida e a reforma normativa. Converteuse no ministro de Asuntos Exteriores máis lonxevo na historia da posguerra, derrocando ao pai de Shinzo Abe, Shintaro Abe. En 2017, por pouco tempo foi o ministro de Defensa.
Campañas de liderado En 2018, o primeiro ministro Shinzo Abe convenceuno para que non se presentase ás presidenciais do PLD, e prometeu apoialo como o seu substituto no futuro. Presentouse ás eleccións do PLD de 2020, pero perdeu ante Yoshihide Suga, moi popular entre os políticos do PLD.
Primeiro ministro Após perder as eleccións para substituír a Shinzo Abe o 14 de setembro de 2020 ante Yoshihide Suga, en agosto de 2021, anunciou de novo a súa candidatura para o liderado demócrata liberal. Gañou as eleccións de liderado o 29 de setembro de 2021.
Kishida converteuse no primeiro ministro número 100 o 4 de outubro de 2021 tras ser elixido pola Dieta Nacional. Durante as eleccións xerais, o PLD perdeu quince escanos na Cámara de Representantes; con todo, aínda gañou a maioría dos escanos.
O 15 de abril de 2023, un home lanzoulle un artefacto explosivo a Kishida durante un evento de campaña en Wakayama. O artefacto explotou tras un breve atraso durante o cal Kishida foi retirado do lugar ileso. O suceso tivo lugar nove meses despois do asasinato do ex primeiro ministro Shinzo Abe.
O seu gabinete e o seu tempo como primeiro ministro foron moi impopulares entre o público. Os números de enquisas e aprobación mostraron que Kishida é o primeiro ministro máis impopular desde o regreso do PLD ao poder en 2012. A principios de novembro de 2023, unha enquisa de Jiji Press mostrou que o índice de aprobación do seu gabinete caeu até o 21,3%, o máis baixo desde Tarō Asō en 2008. Baixou até o 17,1% en decembro.
O 13 de agosto de 2024, Kishida anunciou que renunciaría como líder do partido LDP e non se presentaría á reelección en setembro. O 27 de setembro de 2024, o exministro de Defensa Shigeru Ishiba foi elixido como o seu substituto.
Vida persoal Kishida casou con Yuko Kishida e ten dous fillos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Política do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web oficial de MOFA (en inglés) Twitter Instagram YouTube
Categoría:Primeiros ministros do Xapón Categoría:Nados en 1957 Categoría:Políticos do Xapón Categoría:Nados en Tokyo