O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado de impulsar e coordinar a acción política do Goberno. O vicepresidente ten encomendado por lei presidir a Comisión Xeral de Secretarios de Estado, que é a que prepara o Consello de Ministros, e a de ordenar e presentar, a través do Secretariado do Goberno, os asuntos que nel se debaten.
O vicepresidente tamén se encarga da relación do executivo co Parlamento, e tamén a función de portavoz do Goberno.
Estrutura orgánica básica (xaneiro de 2012) A estrutura orgánica básicaBoletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. . é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)
Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Presidencia: Soraya Sáenz de Santamaría. Director do Gabinete do Vicepresidente Primeiro do Goberno Secretaria de Estado de Relacións coas Cortes: José Luis Ayllón Secretaría de Estado de Comunicación: Carmen Martínez Castro Subsecretaría da Presidencia :Jaime Pérez Renovales
Lista de ministros da Presidencia
II Lexislatura (1982 - 1986) (1982 - 1986): Javier Moscoso del Prado, PSOE III Lexislatura (1986 - 1989) - Denomínase Ministerio de Relacións coas Cortes. (1986 - 1989): Virgilio Zapatero Gómez, PSOE IV Lexislatura (1989 - 1993) - Denomínase Ministerio de Relacións coas Cortes. (1992 - 1993): Virgilio Zapatero Gómez, PSOE V Lexislatura (1993 - 1996) (1995 - 1996): Alfredo Pérez Rubalcaba, PSOE VI Lexislatura (1996 - 2000) (1996 - 2000): Francisco Álvarez-Cascos Fernández, PP VII Lexislatura (2000 - 2004) (2000 - 2001): Mariano Rajoy Brey, PP (2001 - 2002): Juan José Lucas Giménez, PP (2002 - 2003): Mariano Rajoy Brey, PP (2003 - 2004): Javier Arenas Bocanegra, PP VIII Lexislatura (2004 - 2008) (2004 - 2008): María Teresa Fernández de la Vega, PSOE IX Lexislatura (2008 - 2011 ) (2008 - 2010 ): María Teresa Fernández de la Vega, PSOE (2010 - 2011): Ramón Jáuregui, PSOE X Lexislatura (2011 - 2016) (2011 - 2016): Soraya Sáenz de Santamaría, PP XI Lexislatura (2016) (2016): XII Lexislatura (2016 - 2018) (2016 - 2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web do Ministerio da Presidencia (en castelán)
Presidencia