Universal Studios Hollywood é un parque temático dos Estados Unidos de América, situado no Val de San Fernando, Os Ánxeles, California. É o primeiro parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios. O parque foi inicialmente deseñado só como un centro de visitantes para os seus estudios profesionais de cine e decorados reais usados en películas e series da firma. Co paso dos anos o parque comezou a inaugurar atraccións e áreas temáticas ata acadar os 9,6 millóns de visitantes, o parque foi o 8° parque temático máis visitado de América do Norte en 2023..O parque tamén é popularmente coñecido en California como "The Entertainment Capital of LA".

O Parque miniatura|Área da franquía Mario Bros.

Universal Studios Hollywood ten unha división principal por alturas: a planta ou lote superior e o lote inferior. Ambos están conectados pola construción dunhas escaleiras mecánicas que ata a construción das escaleiras Umeda Sky Building en Osaka, mativeron o récord das máis grandes e altas do mundo, que se estenden en tres paradas principais.

Lote Superior

Atraccións

The Simpsons Ride Harry Potter and the Forbidden Journey The Wizarding World of Harry Potter Flight of the Hippogriff WaterWorld Universal’s Animal Actors Special Effects Stage The Blues Brothers

Lote Inferior

Atraccións

Transformers the Ride 3D Revenge of the Mummy Jurassic Park – The Ride Mario Kart: Bowser's Challenge

Studio Tour miniatura|A casa de Psicose durante o percorrido do Studio Tour miniatura |Delorean de Back to the Future, xullo de 2024

O Studio Tour é unha atracción con cola e acceso idénticas ao resto das do parque. Buses con remolques de pasaxeiros acoplados inician unha viaxe de 45 minutos polo lote dianteiro e polo lote traseiro do parque. Ademais dalgúns platós orixinais, os visitantes tamén poden ver gravacións en directo, actores e profesionais do audiovisual durante o seu traballo diario. A ruta amplíase e cámbiase regularmente para mostrar as películas actuais de Universal. En 2010 ampliouse con King Kong 360-3D, visita ao set da película combinado coa entrada a un túnel industrial con pantallas 3D na que todo o autobús sube a un escenario móbil para a simulación de movemento, sincronizado coa imaxe. O tren parece estar viaxando por unha selva e atopa dinosauros e a King Kong na adaptación cinematográfica de Peter Jackson. Ata 2011, Whoopi Goldberg acompañou aos convidados polo estudio a través de vídeo que se reproducía dentro do autobús durante a ruta, antes de que as secuencias fosen substituídas por novo material con Jimmy Fallon. En 2016, o Studio Tour ampliouse para incluír o espectáculo de acción en 3D Fast & Furios - Supercharged, con tecnoloxía similar á de King Kong.

Sets do percorrido

Durante o percorrido os coches percorren algúns platós de rodaxe. Entre outros, estes son:

Psicose Jurassic Park Back to the Future War of the Worlds Spider-Man The Mummy Meet the Fockers Crossing Jordan CSI Desperate Housewives King Kong The Fast and the Furious The Good Place Big Fat Liar

Notas

Categoría:California Categoría:Parques temáticos dos Estados Unidos de América