Mariano Gómez-Zamalloa y Quirce, nado na Coruña o 26 de marzo de 1897 e finado en Madrid o 4 de setembro de 1973, foi un militar galego que acadou o grao de tenente xeneral. Despois de varios anos loitando na Guerra do Rif, tivo unha relevante participación na Guerra Civil, especialmente durante a Batalla do Jarama. Anos máis tarde tamén participou na Segunda Guerra Mundial, integrado na División Azul, e na Guerra de Ifni.
Traxectoria Nado na Coruña o 26 de marzo de 1897, ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1909, con quince anos de idade. Despois de saír da Academia como segundo tenente, foi destinado ao Rexemento de Infantería de Aragón nº 21, e máis tarde participou na Guerra do Rif como oficial de regulares.
Guerra civil No momentod o estalido da guerra civil española ostentaba o grao de capitán e foi destinado ao Grupo de Regulares nº 3 de Ceuta. Sumouse á sublevación militar e, liderando unha unidade de Regulares, cruzou o estreito de Xibraltar a bordo do destrutor Churruca, desembarcando en Cádiz e asegurando o control da cidade. Posteriormente trasladouse a Xerez da Fronteira, onde dirixiu varias columnas formadas por dereitistas e terratenentes cos que participou en varias operacións militares nas provincias de Cádiz e Sevilla, tomando as localidades de Arcos de la Frontera e Olvera. Posteriormente a súa unidade tamén participou no avance cara a Madrid, atravesando Estremadura e o Val do Texo. Durante as duras batallas co Exército Republicano polo control da capital, Gómez-Zamalloa loitou na Casa de Campo, en Carabanchel e en Ciempozuelos.
Durante a Batalla do Jarama destacou coa súa unidade na defensa do "Pingarrón", unha posición elevada que acabou tendo un gran valor estratéxico durante a batalla. Durante a defensa desta posición quedou gravemente ferido polo lume inimigo. Trala batalla foi alcumado o "heroe de Pingarrón" e foi condecorado en 1940 coa Cruz Laureada de San Fernando. Durante o resto da guerra non volveu participar en ningunha acción bélica.
Ditadura franquista miniatura| Gómez-Zamalloa (esquerda) ao seu regreso da Unión Soviética, en Donostia (1942). En 1941, en plena Segunda Guerra Mundial, uniuse á División Azul e loitou na Fronte Oriental como parte da Wehrmacht. Gómez-Zamalloa, que se distinguiu na División Azul, chegou a ser o subcomandante dun dos rexementos da unidade. Regresou a España en maio de 1942, pasando a tomar o mando de varias unidades militares.
En 1952 formou parte da mesa-presidencia do I Congreso Nacional de Excombatientes, celebrado en Madrid. Foi gobernador xeral da África Occidental Española entre 1957 e 1958. Durante o período no que estivo á fronte deste territorio, tivo un papel destacado durante a Guerra de Ifni ao conseguir conter a ofensiva da guerrilla marroquí contra as guarnicións españolas no Sáhara Español e en Ifni. Tamén exerceu como gobernador xeral de Ifni. Ao seu regreso á península, foi nomeado comandante da División Acoirazada Brunete, con base en Madrid. Acadou o grao de tenente xeral.
Faleceu en Madrid o 4 de setembro de 1973 por mor dun coma hepático.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Membros da División Azul Categoría:Militares da guerra civil española do bando sublevado Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Militares de Galicia