María Teresa Vilariño Picos, nada en Ferrol en 1969, é unha crítica literiaria e académica galega. É profesora titular de Teoría da Literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Licenciada e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Fenomenología y Estilística literaria: el caso español (2000), dirixida por Fernando Cabo Aseguinolaza,Perfil de María Teresa Vilariño Picos, en la web https://dialnet.unirioja.es. caracterízase por un perfil académico interdisciplinar que une a Teoría literaria e a Literatura Comparada coa medicina, ao posuír un Mestrado en enfermidades raras conxénitas do metabolismo, e a Educación social e a Psicoloxía. Foi coordinadora do Mestrado Mundus Crossways in Cultural Narratives, así como do programa de Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura.Vilariño Picos, María Teresa, en la web http://tllc-usc.gal.
Obras La idea de la Literatura. Fenomenología y Estilística literaria en el ámbito hispánico. Zaragoza: Tropelías, 2001. Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros/A Muralla, 2006. Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidad de Santiago de Compostela, 2011. Narrativas cruzadas: Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo, 2017.
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes