Giacomo Bahtiarian, nado o 7 de xaneiro de 1800 e finado o 18 de abril de 1885, foi un eclesiástico católico armenio, bispo de Diyarbakır, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu en Angora o 7 de xaneiro de 1800 nunha familia católica. En 1814 ingresou no seminario patriarcal, e o 14 de setembro de 1824 foi ordenado sacerdote polo patriarca Gregorio Pedro VI Cheranean. Como sacerdote, o seu primeiro encargo foi na sé patriarcal, confesando tanto en armenio como en árabe.
O 30 de agosto de 1826 foi enviado a Alepo. No ambiente de persecución relixiosa, arredor de 1828, foi ordenado o seu exilio. Permaneceu entón en Roma, residindo cos dominicanos. Pouco tempo despois, volveu ao patriarcado, estando como superior da misión de Gürün durante cinco anos; en 1835 trasladouse a Diyarbakır e posteriormente a Mardin, onde foi nomeado vardapet polo arcebispo Joseph Ferrabian.
O 2 de xullo de 1850 foi consagrado bispo de Diyarbakır polo patriarca Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean; durante este tempo atendeu tamén aos católicos de Edesa, Sanliurfa e Birecik. En 1858 foi distinguido polo sultán coa Orde de Mecidiye. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Notas
Categoría:Nados en 1800 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Bispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro