O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza é unha celebración internacional que se celebra cada ano o 17 de outubro en todo o mundo. A primeira conmemoración do evento tivo lugar en París, Francia, en 1987, cando 100.000 persoas se reuniron na Praza dos Dereitos Humanos e das Liberdades do Trocadéro para homenaxear ás vítimas da pobreza, a fame, a violencia e o medo ao descubrir unha pedra en conmemoración do Padre Joseph Wresinski, fundador do Movemento Internacional ATD Cuarto Mundo. En 1992, catro anos despois da morte de Wresinski, as Nacións Unidas designaron oficialmente o 17 de outubro como "Día Internacional para a Erradicación da Pobreza".

Propósito No comezo da súa carreira como activista, Wresinski recoñeceu que os gobernos tendían a ignorar a difícil situación dos que viven na pobreza, o que provocou sentimentos de rexeitamento, vergoña e humillación. En consecuencia, un dos principais obxectivos da xornada é recoñecer as loitas dos pobres e facer escoitar a súa voz aos gobernos e aos cidadáns comúns. A participación das persoas máis pobres é un aspecto importante da observación do día.

Lemas Cada ano, o 17 de outubro está dedicado a un tema concreto vinculado á súa filosofía xeral, e diversas institucións se suman á celebración. A Universidade da Coruña sinalou nunha publicación relativa ao Día Internacional de Erradicación da Pobreza que hai 356 millóns de nenos vivindo en condicións de pobreza extrema, cifra en aumento debido á pandemia de Covid-19, engadindo o a frase de Nelson Mandela "Erradicar a pobreza non é un acto de caridade, é un acto de xustiza".

En 2024, o lema escollido foi "Poñer fin ao maltrato social e institucional; Actuar xuntos por sociedades xustas, pacíficas e inclusivas".

Véxase tamén

Ano Internacional para a Erradicación da Pobreza

Ligazóns externas

Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, 17 de outubro, (en inglés). Biblioteca Dag Hammarskjöld. Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (sitio oficial da ONU) (en inglés). Social Perspective on Development Branch, (en inglés). Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas 17 de outubro, Día mundial para superar a extrema pobreza (en inglés). Movemento Internacional ATD Cuarto Mundo (en inglés). Día internacional para a erradicación da pobreza (en inglés).

Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas