Placido CasangianTamén citado como Suk'ias Gazančean, Suk'ias Gazanöean, Placidus Casangian, Placido Kasangian, Soukias Cazandjian. (en ), nado o 15 de outubro de 1828 en Constantinopla e finado c. 1883, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Antioquía, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu o 15 de outubro de 1828. O 14 de setembro de 1864 foi nomeado arcebispo, e recibiu a consagración episcopal o seguinte 21 de novembro de mans do patriarca Gregorio Pedro VIII. Foi abade xeral da Orde de Santo Antón dos Monxes Armenios, e como tal padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

En 1872 publicou en Constantinopla a obra Risposta finale degli Orientali agli Occidentali, na que avogaba pola causa cismática, e que foi incluída no Index Librorum Prohibitorum o 12 de marzo de 1873.

Posteriormente reconciliouse coa Santa Sé, e o 26 de agosto de 1881 foi nomeado arcebispo titular de Selymbria. Finou pouco despois, c. 1883.

Notas

Categoría:Nados en 1828 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 1883 Categoría:Relixiosos católicos de Turquía Categoría:Antonianos armenios Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro