miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Tanzania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Tanzania ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 2 de agosto de 1977, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Tanzania Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Zona de conservación de Ngorongoro 150px Rexión de Arusha 1979 39bis; iv, vii, viii, ix, x (mixto) O cráter de Ngorongoro, do cal recibe o nome a zona, é a caldeira volcánica ininterrompida máis grande do mundo e forma parte do Rift de África Oriental. A zona é o fogar de numerosos animais grandes. Admite a migración de máis dun millón de ñus, así como rabaños de cebras, gacelas de Grant e gacelas de Thomson. O rinoceronte negro, en perigo de extinción, vive no parque. O sitio foi catalogado inicialmente pola súa importancia natural. En 2010, estendeuse para incluír os aspectos culturais, a saber, os xacementos da garganta de Olduvai e Laetoli onde se atopan os restos dos primeiros homínidos e pegadas fosilizadas, que indican o desenvolvemento do ser humano bípede. O sitio foi catalogado como Lista do Patrimonio Mundial en Perigo|en perigo entre 1984 e 1989 debido á diminución dos esforzos de conservación.02 Parque Nacional de Serengueti 150px Rexión de Arusha e rexión de Mara 1981 156; vii, x (natural) O Serengeti é o fogar dunha das maiores migracións de mamíferos do mundo, con amplas mandas de ñus, cebras, gacelas de Thomson, xirafas, diferentes especies de antílopes e outros herbívoros que se moven polas chairas da sabana na procura de pastos. Séguenlles grandes depredadores, incluíndo leóns, leopardos, guepardos, hienas pintas e licaóns.03 Ruínas de Kilwa Kisiwani e de Songo Mnara 150px Rexión de Lindi 1981 144; iii (cultural) As dúas cidades portuarias situadas en pequenas illas fronte ao continente foron importantes centros comerciais do océano Índico ata a chegada dos portugueses no século XVI. Os comerciantes comerciaban con ouro, perlas, prata, perfumes, así como porcelana da China. Kilwa Kisiwani, a maior das dúas, alcanzou o seu apoxeo nos séculos XIII e XIV, cando foi visitado por Ibn Battuta. A cidade está agora en ruínas (na imaxe, o interior da Gran Mesquita). En Songo Mnara, conserváronse as ruínas de mesquitas, un complexo de palacios e edificios residenciais. O sitio foi catalogado como en perigo entre 2004 e 2014 debido á deterioración e colapso parcial dalgunhas estruturas.04 Reserva de caza de Selous 150px Rexión de Lindi, rexión de Ruvuma e rexión de Morogoro 1982 199; ix, x (natural) Cunha superficie de 50 000 km2, a reserva é unha das maiores áreas protexidas de África. Hai varios tipos de vexetación presentes, sendo o dominante os bosques de miombo caducifolios. Tamén hai bosques de galería, pantanos e bosques chuviosos de terras baixas. Unha característica destacada do parque son os ríos secos que se transforman en torrentes na época de choivas. O parque alberga importantes poboacións de rinoceronte negro, hipopótamo e elefante africano, así como diferentes especies de antílopes e gacelas. Dende 2014, o lugar está catalogado como en perigo debido ao desenvolvemento turístico non planificado, o desenvolvemento urbano incontrolado, a contaminación, as especies invasoras e a redución do caudal de auga por mor das secas e das presas hidroeléctricas augas arriba.05 Parque nacional do Kilimanjaro 150px Rexión do Kilimanjaro 1987 403; vii (natural) O parque nacional engloba o monte Kilimanjaro (na imaxe), un estratovolcán inactivo e o punto máis alto de África, a unha altura de 5.895m. De abaixo a arriba, hai cinco cintos de vexetación na montaña, comezando pola sabana das terras baixas e os bosques montanos, e cun deserto alpino no cume. Por mor do illamento, as ladeiras do monte albergan numerosas especies animais e vexetais endémicas, moitas delas en perigo de extinción.06 Cidade de Pedra 150px Rexión de Mjini Magharibi 2000 173; ii, iii, vi (cultural) Stone Town, a parte antiga da cidade de Zanzíbar, foi moldeada por diferentes culturas a través do comercio, dende Arabia, a India e Europa. É un excelente exemplo dunha cidade comercial suahili na costa leste de África. Tamén foi un centro de comercio de escravos na costa de Suahili. Os principais edificios, construídos en pedra e madeira, datan dos séculos XVIII e XIX. Inclúen a Casa das Marabillas (na imaxe), igrexas, mesquitas, o Forte Vello, o Dispensario Antigo e baños turcos.07 Sitios de arte rupestre de Kondoa 150px Rexión de Dodoma 2006 1183; iii, vi (cultural) Este sitio comprende máis de 150 lugares con arte rupestre, situados en refuxios rupestres creados polas forzas que conforman o Rfit de África Oriental. Os sitios foron ocupados por cazadores-recolectores e sociedades de pastores durante varios milenios. Crearon pinturas rupestres cunha expresión artística única, representando as súas vidas e crenzas. As figuras humanas represéntanse nun estilo estriado mentres que os animais domésticos raramente se representan. Algúns dos sitios aínda teñen un significado ritual para as comunidades locais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país Ligazóns externas Páxina de Tanzania na World Heritage Convention, da UNESCO