miniatura|O edificio Apot, de estilo moderno, que é a arquitectura típica da zona miniatura|Glorieta Don Juan de Borbón no Campo de las Naciones, xunto ao parque Juan Carlos I miniatura|Parque Juan Carlos I O Campo de las Naciones é un espazo situado no barrio de Corralejos no distrito de Barajas, en Madrid, España. Inclúe o Pazo Municipal de Congresos de Madrid, o recinto feiral de IFEMA, o parque Juan Carlos I e o parque empresarial Puerta de las Naciones. Deseñouno o arquitecto Ricardo Bofill Levi.
Características O seu deseño moderno, propio das obras daquel arquitecto, e unha superficie útil de máis de distribuídas nas súas 14 plantas (7 delas subterráneas), confírelle unha gran versatilidade, coa tecnoloxía e os servizos necesarios para absorber todas as demandas do mercado, especialmente a organización de congresos, feiras e grandes encontros de todo tipo.
O edificio conta con aparcadoiro público, amplos espazos expositivos, dous auditorios con capacidade para 913 e 1.814 persoas respectivamente, unha sala multiusos de 2200 m² e trinta cuartos de diferentes capacidades.
Historia Na década de 1980 decidiuse destinar a zona a turismo, empresas e congresos. A zona bautizouse como Campo das Nacións.
En 1988 a empresa de xestión pública municipal que ía xestionar este inmoble bautizouse como Campo de las Naciones. En 2006, cando xa xestionaba este Pazo e outros edificios expositivos da cidade, cambiou o seu nome a Madrid Espacios y Congresos S.A., coa denominación comercial de Madridec. Con todo, Madridec quebra en 2013 e o propio Concello converteuse no xestor das súas débedas e patrimonio.
En 1991 inauguráronse preto del as instalacións feirais de IFEMA.
Entre outros eventos, acolleu cumios internacionais da OTAN, a Unión Europea e a Asemblea Anual do Fondo Monetario Internacional.
O 15 de decembro de 1995 acordouse aquí denominar euro a moeda única europea.
En outubro de 2003 celebrouse a Conferencia Internacional de Doadores para a Reconstrución de Iraq.
Desde xaneiro de 2019 está xestionado por IFEMA.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Urbanismo de Madrid