Manuel Piñeiro Abeijón, nado en Belles de Abaixo (Boiro) en 1905 e finado en Burés (Rianxo) o 14 de agosto de 1936, foi un labrego galego.

Traxectoria Acusado talvez de formar parte do grupo de milicianos que atrancou a estrada de Boiro a Noia con moles de pedra o día 26 de xullo para cortarlle o paso ós militares que logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 viñan de Noia cara a Boiro. Foi paseado na Paradegua, cerca de Burés, o 14 de agosto de 1936, pegáronlle trece tiros na caluga. Guindárono á estrada dende a camioneta moi cerca do cemiterio de Asados. Os veciños recolleron o corpo e foi soterrado no camposanto de Asados.

Recoñecementos Un monólito en memoria de Francisco López Pérez e Manuel Piñeiro Abeijón foi colocado na Paradegua polo Concello de Rianxo e a Comisión pola Recuperación Memoria Histórica do Barbanza no ano 2022.

Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2024 e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.

Vida persoal Casou con Carmen Piñeiro Bermúdez, con quen tivo dous fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936