Para outras persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Luigi Giorgi Non confundir con Luigi Giorgi (1848-1912), gravador xefe da Ceca de Roma.
Luigi Giorgi, nado en Milán en 1880 e finado en Varese en 1954, foi un deseñador e gravador de moeda italiano, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Tianjin, na China.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Luigi Giorgi, nado en Milán en 1880, recibiu a súa formación artística na escola de debuxo da Academia de Belas Artes de Brera. Posteriormente entre os anos 1904 e 1910, traballou como gravador na fábrica Stefano Johnson, de Milán."I Grandi Numismatici: Giorgi Luigi (Milano 1880 - Varese 1954)". Società numismatica Italiana (Socnumit.org). 2024.Ascenzi, S. (2019).
Gravador de moeda na China miniatura|esquerda|300x300px|Dólar de Yuan Shikai (1921), deseñado por Luigi Giorgi. En 1910, Giorgi trasladouse coa súa familia á China para impartir clases de gravado na Casa da Moeda de Tianjin, na que tamén ocupou o posto de gravador xefe."Luigi Giorgi". British.Museum.org
Na súa etapa chinesa, o traballo máis salientable de Giorgi foi o deseño e o gravado dos cuños para as moedas dun dólar (iuan) a nome de Yuan Shikai (1859-1916), un xeneral do exército e político chinés, activo entre a fin do Imperio Qing e os primeiros anos da República da China, da que chegou a ser autoproclamado emperador. A instancias do Ministro de Finanzas chinés, Luigi Giorgi tivo que deseñar unha moeda cunha aparencia completamente chinesa, e non puido gravar as súas inciais como a modo de marca de gravador, como era habitual. O deseño do dólar estendeuse igualmente a unha serie composta por moedas de medio dólar (½ iuan),"½ Yuan "Fat Man dollar" type". Numista.com 20 centavos (2 jiao)"2 Jiao "Fat Man dollar" type". Numista.com e 10 centavos (jiao)."2 Jiao "Fat Man dollar" type". Numista.comShih, K. (2009) . Páxina 144.Kann, E. (1953). Páxina 213.
Volta a Italia Luigi Giorgi regresou a Italia en 1920 e instalouse en Varese, onde continuou exercendo o seu oficio de gravador. Alí estableceu en 1930, xunto cos seus fillos, unha empresa de fotografía e óptica que dirixiu ata o seu pasamento en 1954.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ascenzi, S. (2019). "Il curioso caso di Luigi Giorgi". En Panorama Numismatico. Nº 356. Decembro. Páxinas 29-37. Kann, E. (1953). Illustrated Catalog of Chinese Coins (Gold, Silver, Nickel & Aluminum). Los Angeles. Shih, K. (2009) . Modern Coins of China. Ishi Press. Toquio e Nova York. ISBN 9784871878708
Categoría:Nados en 1880 Categoría:Nados en Milán Categoría:Finados en 1954 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes