Juan José López Martínez, máis coñecido polo seu alcume Lomarti, nado en Chantada en 1957, é un artista galego interdisciplinario, principalmente coñecido polo seu labor como escultor.

Traxectoria Comezou a expoñer como escultor en 1977. A primeira mostra foi en 1983 "Nova Xeración" en Lugo, o ano seguinte en Lorient, Francia e despois, Ourense, Pontevedra, Vigo, Madrid, Oviedo, Murcia, Sevilla, Zaragoza, Logroño, etc Chegou a Buenos Aires en 1986. Participa na primeira "Mostra Unión Fenosa" en 1989, e foi seleccionado para o premio Pablo Gargallo de Zaragoza. Recibiu un premio na Bienal de Lalín en 1995, e as súas pezas expuxéronse no ARCO, en Madrid, e no Instituto Cervantes de Lisboa. As súas exposicións individuais de deseño gráfico e a fotografía son múltiples dende 1977, en numerosas cidades de España e en Londres e Bordeos.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Chantada