O Metro de Porto é a rede ferroviaria de transporte público metropolitano da cidade portuguesa do Porto e da súa área metropolitana, que dá servizo a máis de 1 millón de habitantes en oito municipios.
Serve como un medio de transporte eficiente e ecolóxico, e é un elemento clave na planificación urbanística e no desenvolvemento da rexión metropolitana do Porto, fomentando a conexión entre diferentes áreas e facilitando o movemento diario dos cidadáns.
esquerda|miniatura|Plataforma da liña D na estación de Trindade. A liña D é a que ten a maior parte do seu percorrido soterrado, sendo unha liña con estacións subterráneas destacadas en termos funcionais e arquitectónicos. Características e pasaxeiros
É a rede de metro máis extensa de Portugal, e a 13ª máis extensa da Unión Europea, con 70,1 quilómetros en 2024.O Metro do Porto clasifícase máis precisamente como un sistema de tránsito rápido lixeiro que combina características de tranvías e metro. De feito, a maior parte da súa rede opera en superficie. Das súas seis liñas operativas, a maioría do trazado é ao aire libre, con só unha parte do sistema que corre por debaixo do chan.
A rede conta con 6 liñas de metro e un total de 85 estacións, repartidas en 70,1 km de liñas comerciais duplicadas, maioritariamente en superficie, con 8,3 km de rede subterránea.
Máis de 79 millóns de pasaxeiros foron transportados polo Metro do Porto en 2023, alcanzando así un novo récord histórico de demanda.esquerda|miniatura| Flexity Outlook Eurotram.
En 2023, con 21 anos de funcionamento, Metro do Porto transportara máis de mil millóns de pasaxeiros desde que comezou a operar.
A rede desenvolveuse considerablemente desde a súa inauguración en 2002, expandíndose para incluír máis estacións e liñas, e incorporando servizos como o "Andante", un sistema de tarxeta intelixente que permite un acceso fácil e conveniente ao transporte público.
Galería de imaxes de Infraestruturas do Metro de Porto
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Transporte público Metro (transporte) Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal
Ligazóns externas
Categoría:Transporte Categoría:Transporte en Portugal Categoría:Metro Categoría:Metros por país