O Gran Premio de Francia de 1926 foi un Gran Premio de carreira de motor celebrado no Circuíto de Miramas o 27 de xuño de 1926.

Foi a segunda carreira da tempada de AIACR Campionato Mundial de Fabricantes de 1926. Desafortunadamente para os espectadores, de todos os coches que se anunciaron para participar na carreira, só comezaron tres Bugatti. Ao final só houbo un coche que conseguiu completar a distancia completa da carreira; o Bugatti de Jules Goux. Esta considerado como a carreira máis aburrida da historia con só dous particpantes. Por diante do Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.

Carreira

No Gran Premio de Francia de 1926 inscribíronse doce coches, pero só se presentaron tres Bugatti. Pierre Vizcaya (1894-1933) retirouse na saída por unha falla nun pistón. Bartolomeo Costantini (1889-1941), temendo que lle pasase o mesmo, baixou a velocidade ata tal punto que rematou a 15 voltas do vencedor Jules Goux (1885-1965) e non se clasificou.

Clasificación da carreira

PosNºPilotoCocheVoltasTempo/Retirada 1 24 Jules Goux Bugatti 39A 100 4h38m43.8 NC 8 25px Meo Costantini Bugatti 39A 85 4h43m13.0 Ret 16 Pierre de Vizcaya Bugatti 39A 45 Motor NTS 2 Henry Segrave Talbot 700 Non presentado NTS 4 Marcel Violet SIMA-Violet Non presentado DNA 6 Robert Benoist Delage 15S8 Non presentado NTS 10 Albert Divo Talbot 700 Non presentado NTS 12 ? SIMA-Violet Non presentado NTS 14 Edmond Bourlier Delage 15S8 Non presentado NTS 18 Jules Moriceau Talbot 700 Non presentado NTS 20 ? SIMA-Violet Non presentado NTS 22 ? Delage 15S8 Non presentado

Notas

Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1 Categoría:Deporte en 1926