miniatura|Botes en Puvar, Kerala. Kerala (en malabar ou malaiala: കേരളം) é un Estado da República da India situado no suroeste do país. A costa oeste dá ao mar de Arabia. Limita ao leste con Tamil Nadu e con Karnataka ao norte.
Xeografía A capital estatal é Thiruvananthapuram തിരുവനന്തപുരം Tiruvanantapuraṁ, tamén coñecida como Trivandrum), aínda que a cidade de Kochin é máis densamente poboada. A área de Kerala é de 15.005 mi2 (38.863 km2), que é máis extenso que Bután pero menor que Suíza. Na xeografía tradicional india, forma parte do sur da India.
Distritos Hai 14 distritos en Kerala: Alappuzha, Ernakulam, Idukki, Kannur, Kasaragod, Kollam, Kottayam, Kozhikode, Malappuram, Palakkad, Pathanamthitta, Thiruvananthapuram, Thrissur e Wayanad.
Lingua A lingua oficial do Estado é malaiala, que é falada ou lida por máis do 90% da poboación.
Unha mestura de inglés e malaiala chámase "manglish", e é usado con moita facilidade e fluidez por algunha xente de Kerala.
Cultura Kerala é coñecida polas artes tradicionais e a xente goza da música chea de percusión tradicional. Tamén están moi presentes na cultura de Kerala as cerimonias tribais, as artes marciais e deportes como fútbol, cricket e bádminton. Kerala é popular por Kalaripayattu, unha forma de artes marciais e Kathakali, unha arte escénica hindú.
A maioría da poboación ten acceso a internet, televisións, xornais e libros. A cantidade media de lecturas semanais é dunhas sete horas. A taxa de alfabetización é de aproximadamente o 96,2%, polo que é a rexión máis alfabetizada da India.
Símbolos provinciais de Kerala
Festivais As festas máis famosas realizadas pola xente de Kerala son Onam, o festival da colleita e Vishu, o calendario malaiala do ano novo. Ademais destes, diversos templos e igrexas celebran festivais en varios días do ano. Unha tradición común en todas estas festas é a "celebración da bandeira sagrada", que se baixa o último día da festa. Algúns festivais do templo chámanse poorams, e o máis famoso entre estes é "Thrissur Pooram". Os principais atractivos dos poorams son os fogos artificiais, formas de baile tradicionais como "Theyyam, Kathakali, Chakyar Koothu etc. Os festivais son coñecidos localmente como utsavams.
Turismo Kerala é unha das maiores atraccións turísticas da India, tanto para os indios como para os estranxeiros.
A rexión é coñecida pola súa natureza diversa, e ten numerosas praias na costa de Malabar, estacións de montaña e amplos remansos.
Agricultura
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Costa de Malabar Lingua malaiala Subdivisións da India
Categoría:India Categoría:Xeografía da India