A transliteración Wylie é un método de transliteración da escrita tibetana empregando só as letras dispoñibles nunha máquina de escribir inglesa. Foi creado polo académico estadounidense Turrell V. Wylie en 1959. Na actualidade, é o sistema estándar de transliteración do tibetano, especialmente nos Estados Unidos.
Desenvolvemento Calquera sistema de romanización do tibetano enfróntase ao dilema de reproducir con fidelidade os sons da lingua falada ou a ortografía do seu alfabeto, pois ambas presentan notables diferenzas, xa que a escrita tibetana fixouse no século XI, namentres a lingua continuou a evolucionar.
Moitos sistemas previos intentaron reflectir ambas realidades, sen acadar unha representación perfecta de ningunha delas. Pola contra, a transliteración Wylie foi deseñada para transcribir con precisión a escrita tibetana, o que conduciu á súa aceptación nos círculos académicos. Xa que logo, non intenta representar a pronunciación actual da lingua.
Vogais As catro marcas vocálicas do tibetano (aplicadas sobre a letra de base ཨ) son transliteradas do seguinte xeito:
ཨི i ཨུ u ཨེ e ཨོ o
Cando unha sílaba carece de marca vocálica explícita, úsase a letra a (ཨ་་) para representar a vogal por defecto.
Consonantes O esquema Wylie translitera os caracteres tibetanos da seguinte maneira:
T. W. IPA T. W. IPA T. W. IPA T. W. IPA ཀ ka ཁ kha ག ga ང nga ཅ ca ཆ cha ཇ ja ཉ nya ཏ ta ཐ tha ད da ན na པ pa ཕ pha བ ba མ ma ཙ tsa ཚ tsha ཛ dza ཝ wa ཞ zha ཟ za འ 'a ཡ ya ར ra ལ la ཤ sha ས sa ཧ ha ཨ a
No sistema de escritura tibetano, os grupos consonánticos dentro dunha sílaba represéntanse a través de prefixos ou sufixos, ou por superíndices ou subíndices dunha letra de base. Non obstante, a transliteración Wylie non adoita distinguir estes elementos, xa que na práctica non hai ambigüidade posible grazas ás regras da ortografía tibetana. A única excepción é a secuencia gy-, que pode escribirse cun g de prefixo ou un y de sufixo. No sistema Wylie, esta secuencia distínguese mediante un punto; por exemplo, a palabra para "muro" é gyang, namentres "fendedura" é g.yang.
Uso das maiúsculas Moitos sistemas anteriores incluían mecanismos internos para o uso das maiúsculas: en xeral, usábanse as maiúsculas para a letra da raíz dunha palabra, no canto da súa primeira letra, cando esta última era unha consonante de prefixo. Os dicionarios de tibetano están ordenados polas letras da raíz, e os prefixos adoitan ser mudos, polo que coñecer a raíz dunha palabra ofrece unha mellor idea da súa pronuncia. Porén, era común que estas regras se aplicasen de maneira inconsistente.
Xa que o uso de maiúsculas internas era incómodo e de escasa utilidade, Wylie decidiu que as maiúsculas só se empregarían ao comezo da palabra, seguindo a práctica das linguas occidentais. Así, por exemplo, a seita budista tibetana Kagyu escribiríase Bka'brgyud, no canto de bKa'brgyud.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ferramenta de transliteración do tibetano Táboas da transliteración Wylie
Categoría:Lingua tibetana