miniatura|Ramplas helicoidais. A rampla é un elemento arquitectónico que conecta dúas áreas a diferentes alturas, facilitando a transición entre estas.

En diversos lugares de Europa, a pendente de calquera rampla destinada ao tránsito de peóns non debe superar o 8%, para garantir a accesibilidade, incluíndo ás persoas con discapacidade. En Galiza, as características das ramplas están reguladas pola Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, polo Decreto 35/2000 e polo Decreto polo que se aproba o regulamento de accesibilidade.

Terminoloxía miniatura|Sinal de azulexos en Macau. Os caracteres chineses tradúcense como "Rampla da Guía Mirando o Mar do Leste", incluíndo o kanji 斜 que significa inclinación. En portugués macaense, traducido como "rampa". Segundo a xeometría descritiva, as ramplas poden ser ramplas planas ou ramplas helicoidais.

Etimoloxía O termo rampla no dicionario da RAG é o recoñecido para describir un plano inclinado, o mesmo que no Dicionario visual da construción do COAG. A palabra rampante provén da mesma raíz, do francés rampe.

En dicionarios de galego reintegracionista e de portugués inclúese o termo "rampa".

En castelán e catalán existe a palabra rambla, con acepcións relacionadasLeito natural de augas pluviais ou terreo polo que corre a auga da chuvia cando é moi abondosa; en Cataluña son rúas amplas con árbores (como a rambla de Catalunya) ou paseos marítimos; en Arxentina son paseos á beira dun lago, río ou do mar. derivada do árabe "رمل" ramhla, relacionada tamén cun plano inclinado xa que designaba un areal. En portugués o mesmo termo deu rambla e râmola. Rampla de vehículos miniatura|Rampla helicoidal de acceso a un aparcadoiro en Schleswig-Holstein. As ramplas para vehículos deben manter un ángulo de ataque cunha pendente máxima do 6% para facilitar a accesibilidade. Recoméndase unha pendente media do 12% cando a situación o permita. miniatura|Rampla de acceso para cadeiras de rodas na estación de Carrickfergus, Irlanda do Norte.

Rampla peonil

A normativa técnica xeralmente recomenda anchos mínimos de 0,90 m para accesibilidade en ramplas para permitir o tránsito dunha persoa en cadeira de rodas. A ampliación a 1,50 m para dúas persoas en paralelo é recomendada para garantir unha adecuada accesibilidade. Andeis horizontais cada 10 m cunhas dimensións mínimas de 1,50x1,50 m. Esta recomendación é consistente coas directrices xerais para permitir descansos e facilitar as manobras en cadeiras de rodas. As dimensións mencionadas proporcionan suficiente espazo para que os usuarios xiren ou repousen se for necesario.

Acesibilidade Un desnivel superior a 3,20 m non se considera accesíbel se só se supera mediante ramplas inclinadas. Este criterio busca fomentar solucións de deseño que integren ascensores ou outras alternativas de accesibilidade cando o desnivel é considrábel.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Accesibilidade Barreiras arquitectónicas Plano (xeometría)

Categoría:Elementos arquitectónicos