As linguas algonquinas orientais constitúen un subgrupo da familia de linguas algonquinas. Antes do contacto europeo, as linguas algonquinas orientais constaban de polo menos 17 linguas, cuxos falantes ocuparon colectivamente a costa atlántica de América do Norte e as áreas interiores adxacentes, dende o que é agora a rexión Marítima do Canadá até Carolina do Norte, nos Estados Unidos. A información dispoñíbel sobre as linguas individuais varía amplamente. Algúns son coñecidas só a partir dun ou dous documentos que conteñen as palabras e as frases recollidas por misioneiros, exploradores ou colonos, e algúns documentos conteñen evidencia fragmentaria sobre máis dunha lingua ou dialecto. Moitas das linguas algonquinas orientais víronse moi afectadas pola colonización e a desposesión. As linguas micmac e maliseet-passamaquoddy teñen un número de falantes significativo, mais o abnaki occidental e o lenape (Delaware) teñen cada un menos de 10 falantes dende o ano 2000.
O algonquino oriental constitúe un subgrupo xenético separado dentro do algonquino. Outros dous grupos recoñecidos de linguas algonquinas, as algonquinas das chairas e as algonquinas centrais, son xeográficos pero non se refiren a subgrupos xenéticos.
Clasificación A continuación ofrécese unha clasificación de consenso das linguas e dialectos algonquinos orientais coñecidos por Goddard (1996) con algunha emenda, por exemplo o tratamento do massachusett e o narragansett como linguas distintas. No caso de linguas pouco testemuñadas, particularmente as do sur de Nova Inglaterra, a clasificación concluínte dos rexistros escritos como linguas ou dialectos separados pode ser finalmente imposible.
Algonquino oriental Abnaki Abnaki Abnaki oriental † Abnaki occidental Etchemin † Maliseet–Passamaquoddy Micmac Algonquino de Carolina † Delaware Delaware Munsee Unami † Mohicano † Nanticockan Nanticoke † Piscataway † Powhatan † Sur de Nova Inglaterra Loup † Massachusett Mohegan-pequot † Narragansett † Quiripi †
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Algonquian Family
Categoría:Linguas algonquinas