The Only Good Indian é un filme estadounidense de 2009 dirixido por Kevin Willmott.
Sinopse A historia está ambientada en Kansas a comezos do século XX. Un rapaz kickapoo (intepretado por Winter Fox Frank) é secuestrado da súa familia e obrigado a asistir a un internado indio distante, deseñado para acadar a asimilación cultural dos nativos americanos na sociedade branca dominante. Cando escapa para volver coa súa familia, Sam Franklin (Wes Studi), un cazarrecompensas de orixe cherokee, é contratado para atopalo e devolvelo á escola.
Franklin, un antigo explorador indio para o exército dos Estados Unidos, renunciou á súa herdanza nativa. Adoptou o modo de vida do home branco, crendo que é a única forma de sobrevivir dos indios. Ao longo do camiño, un tráxico incidente impulsou á antiga némese de Franklin, o sheriff Henry McCoy (J. Kenneth Campbell), o "combatente indio", a perseguir tanto a Franklin como ao neno.
O filme presenta tanto a lingua kickapoo como membros do pobo kickapoo.
Personaxes Wes Studi como Sam Franklin J. Kenneth Campbell como Sheriff Henry McCoy Winter Fox Frank como Charlie Paul Butler como Harkin Thirza Defoe como Sally Christopher Wheatley como Mean Joe Laura Kirk como Miss Harris Delanna Studi como Aquene
Rodaxe O filme rodouse case na súa totalidade en Kansas, sendo a única excepción unha escena no Parque Estatal Ha Ha Tonka de Misuri, con localizacións en Monument Rocks e Fort Larned. A rodaxe tivo lugar entre 2007 e 2008.
Acollida Estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2009,Butler, Robert. "Sundance audiences are loving Kevin Willmott’s ‘The Only Good Indian", The Kansas City Star, 24 de xaneiro de 2009 proxectado posteriormente noutros festivais de cinema.O filme valeulle a Willmott a honra de "Mellor director" no Festival de Cinema Indio Americano, así como mellor interpretación para Wes Studi e Winter Fox Frank no seu debut como o mozo kickapoo.
Robert W. Butler da Kansas City Star considerou que Wilmott tivo boas intencións pero non se decatou do alcance da historia revisionista. Ao público gustoulle o filme mais non tivo unha ampla distribución.The Only Good Indian, Rotten Tomatoes website; consultado o 21 de xullo de 2016 The Hollywood Reporter eloxiou a interpretación de Studi.
Travis Keune, nunha recensión do filme no Festival de Cinema de Saint Louis, dixo que comezou cunha gran premisa e, aínda que a execución foi defectuosa, pagaba a pena vela.Review: 'The Only Good Indian', We Are Movie Geeks blog, 20 de novembro de 2009; consultado o 21 de xullo de 2016
Notas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua kickapoo Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Willmott Categoría:Filmes rodados en Missouri Categoría:Filmes rodados en Kansas Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América