Damián Marcelo Musto, nado en Casilda (Arxentina) o 9 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no FC Cartagena.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Club Atlético Alumni e de Quilmes. Debutou co primeiro equipo deste último na tempada 2006/07, e sufriu un descenso dende a Primeira División. En 2008 fichou polo Atlético Tucumán, da Primeira B Nacional, co que logrou o ascenso á máxima categoría na súa primeira campaña.
En xullo de 2010 fichou polo Spezia, da Lega Pro Prima Divisione de Italia, antes de regresar ao seu país para xogar no Olimpo.
En xullo de 2015 foi cedido a Rosario Central para os seguintes 18 meses. Entre 2017 e 2018 vestiu a camiseta do Tijuana mexicano, volvendo a continuación a España, onde asinou co Huesca. En 2020 foi cedido ao Internacional brasileiro e máis tarde pasou por Peñarol, volvendo en 2022 ao fútbol español, nas filas do FC Cartagena. Notas
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Club Atlético Tucumán Categoría:Xogadores do Quilmes Atlético Club Categoría:Xogadores do CA Rosario Central Categoría:Xogadores do Club Tijuana Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do FC Cartagena