miniatura| Mariñeiros manobrando as velas dun veleiro. Un mariñeiro é, no sentido máis amplo, aquela persoa que opera buques ou axuda na súa explotación, mantemento ou servizo. O termo aplícase aos profesionais das mariñas comerciais e pesqueiras, ao persoal militar das armadas e aos profesionais certificados e afeccionados á náutica de recreo.

Ademais do sentido amplo -no que se refire a todo, desde grumete até almirante-, nas mariñas, o termo "mariñeiro" designa, en sentido restrinxido, un ou varios rangos dentro da categoría de persoal de enrolado. Así mesmo, na mariña mercante, o termo "mariñeiro" fai referencia a unha ou varias categorías profesionais de persoal de cuberta, dentro do nivel da mariña.

Terminoloxía miniatura| Oficial de máquinas no posto de control de motores dun buque.Os termos pescador, pescadora ou pescantín están relacionados, segundo o DRAG, pero non son sinónimos totais de mariñeiro, xa que só se refire a un "mariñeiro que pesca con liña" ou a unha persoa que pesca por afección no mar ou no río.

En galego reintegracionista e en lingua portuguesa, o termo marinheiro ten o mesmo significado que na normativa oficial do galego.

Na mercante Os profesionais da mariña mercante teñen varios nomes: En galego normativo son chamados mariñeiros ou mariños. En Portugal, denomínanse xenericamente marítimos. No Brasil, todos os profesionais da mercante son designados globalmente como aquaviários, que se dividen en varios grupos.

Existen varias especializacións e categorías dentro da profesión de mariñeiro. A súa certificación segue normas establecidas internacionalmente. Na mariña mercante, as distintas especializacións agrúpanse en varias carreiras, sendo as principais de cuberta, maquinaria, de cámaras, radiotécnica e de sanidade. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Aparello (pesca) Acuicultura Barco Baleeiro Bateeiro Corda Embarcación Mar Mariña Mariña mercante Marisqueo Navegación marítima Nó Pescador Rede Roupa de augas

Categoría:Mariñeiros