Ignacio Andrés Arroyo Varela, coñecido como Nacho Arroyo ou Nacho Varela,OBRADOIRO CAB en Twitter: "🔟 Asistencias en 22 minutos. A exhibición de Nacho Varela contra Tizona." nado en Osorno, Chile o 24 de xaneiro de 2000, é un xogador de baloncesto internacional chileno. Xoga na posición de base e actualmente é membro do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto da LEB Ouro (1ª FEB).
Traxectoria Comezou a súa carreira combinando formación académica e deportiva na Diego Catholic High school en Draper, Utah, EUA.
En 2018 uniuse á canteira do CB Estudiantes cun contrato de cinco anos. En 2019 debutou co primeiro equipo na Liga ACB e en 2020 renovou o seu contrato por catro tempadas máis.Ignacio Arroyo renova o seu contrato con Estudiantes de Madrid ata 2023 En 2021 xogou co Estudiantes na 1ª FEB.
En 2022 foi cedido ao Hestia Menorca da LEB Prata e en 2023 asinou polo Força Lleida CE da LEB Ouro.
En 2024 fichou polo Obradoiro CAB.
Selección nacional Participou coa selección de Chile no FIBA Américas U18 en 2018, destacando ante equipos como Arxentina e os Estados Unidos, e debutou co equipo sénior da selección en febreiro de 2019.
Palmarés
Medalla de bronce no Suramericano Sub-15, en Barquisimeto, Venezuela (2014). Bronce no Suramericano Sub-17, en Resistencia, Arxentina (2015). Medalla de ouro no Suramericano Sub-17, en Lima, Perú (2017). Bronce no Suramericano Sub-21 en Tunja, Colombia (2019).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selección masculina de baloncesto de Chile
Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Força Lleida CE Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Nados en Osorno Categoría:Nados en 2000 Categoría:Personalidades sen imaxes