A honquenia (Honckenya peploides) é unha planta perenne da familia Caryophyllaceae e a única especie do xénero monotípico Honckenya. thumb|Ilustración thumb|Detalle das follas thumb|Detalle da flor Descrición É unha planta herbácea perenne que alcanza os 10-25 cm de altura. Os talos son prostrados, radiais e ramosos. As follas son opostas, sésiles, sen estípulas, de 5-20 cm de lonxitude e 3-10 cm de ancho, ovadas a oblongo-elípticas. As súas follas grosas e carnosas e o seu recubrimento exterior firme protéxena ben contra os golpes da area nas ventadas e a abundancia de sal; son opostas; miden de 5 a 20 por 3 a 10 cm e teñen forma ovada a elíptica, agudas, con nervio e marxe hialina ou ondulada. Mide entre 10 e 25 cm de altura. Ten talos ramosos prostrados. As flores hermafroditas preséntanse solitarias e axilares ou en cimas até con 6 terminais, con pétalos enteiros (ás veces dentados ou escotados) de 4 por 3 mm e cor branca ou verdosa. O froito é unha cápsula carnosa de 6 a 10 mm de diámetro con 3 a 8 sementes e dehiscente por uns 4 dentes. As sementes son de cor castaña escura e piriformes. As plantas forman verdadeiras comunidades ao longo de liñas costeiras bañadas pola auga salgada, formando as típicas asociacións estudadas pola fitosocioloxía. Distribución e hábitat Encóntrase en dunas e pedregais costeiros en Islandia, Irlanda, Gran Bretaña, norte de Europa e Norteamérica. Uso Os rebentos recollidos entre xuño e agosto, antes da floración, son consumidos crus ou cociñados; son ricos en vitaminas A e C. As follas ferméntanse para usarse como chucrut. En Islandia a planta ferméntase en soro avinagrado e obtense un licor. As sementes úsanse como condimento en po para engadir a fariñas. Taxonomía O xénero foi descrito por (L.) Ehrh. e publicado en Neues Magazin fur Aerzte 5: 206. 1783. Sinonimia Alsine peploides (L.) Crantz Ammodenia peploides (L.) Rupr. Arenaria littoralis Salisb. Arenaria peploides L. basónimo Arenaria portulacacea Lam. Halianthus peploides (L.) Fr. Ammodenia peploides var. diffusa (Hornem.) Porsild Ammonalia peploides (L.) Desv. Arenaria diffusa (Hornem.) Wormsk. Arenaria peploides var. diffusa Hornem. Arenaria portulacea Lam. Arenaria sitchensis D.Dietr. Cerastium succulentum Crantz Holosteum succulentum L. Honckenya diffusa (Hornem.) Á. Löve & D. Löve Honckenya frigida Pobed. Honckenya peploides subsp. diffusa (Hornem.) Hultén ex V.V.Petrovsky Honckenya peploides var. diffusa (Hornem.) Ostenf. Merckia peploides G.Don Minuartia peploides (L.) HiernHonckenya peploides en PlantList

Notas

Categoría:Caryophyllaceae Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1783