Rosario Montes Estrada, nada en Los Barreros (Llaviana) cara a 1898 e finada en Vindoria (Langreu) o 26 de novembro de 1937, coñecida como «Rosario la del prau nuevu», foi unha española represaliada polo franquismo durante a guerra civil.

Traxectoria Montes naceu en Los Barreros (Llaviana) a finais do século XIX. Casou con Ramón Suárez, labrador e transportista de madeira e carbón, e tiveron 6 fillos. Cando estalou a guerra civil española, Montes formou parte da vangarda da retagarda. Xunto a outras mulleres encargouse do hospital de sangue e dos talleres de roupa onde se confeccionaban os uniformes.

Tras a caída de Asturias durante a guerra civil, foi detida e levada ao cuartel de Los Barreros e ao cárcere de La Pontona (Llaviana). Foi violada e brutalmente torturada estando embarazada de 8 meses. O seu marido pagou unha gran cantidade de diñeiro a cambio da liberdade de Montes, mais os captores non cumpriron o trato.

Finalmente, foi levada o 26 de novembro de 1937 nun camión que saíu de La Pontona cara ao cárcere de Oviedo. O vehículo detívose na paraxe de Vindoria, entre Ciañu e L'Entregu, onde Morán foi fusilada xunto con outros 7 detidos, tres homes e catro mulleres. Tiña 39 anos. O seu cadáver foi atopado xunto ao da súa filla nonata, aínda unidas polo cordón umbilical, xunto á estrada da costa de Vindoria.

Recoñecementos En 2010 instalouse un monólito na Costa Vindoria en recordo de Montes e das outras sete persoas asasinadas polos franquistas na paraxe: Joaquina Antuña Morán, Julia Morán, Jesusa Alonso Cantora, Ángele Norniella Rebollada, José Suárez Rodríguez, Luis Alonso Alonso e Avelino Hevia. Notas

Véxase tamén Outros artigos Violencia sexual na España franquista e da transición

Bibliografía

Categoría:Fusilados Categoría:Nados en Llaviana Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades sen imaxes