Ramón Rodríguez Porto, nado en Chantada o 24 de marzo de 1963, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato en Chantada e Monforte de Lemos, tamén Administración e Márketing en Vigo. Traballou na banca comercial e tamén na Adega Terras Bendaña. Traballou para RNE, Radio Noroeste, Radio Faro-Cadena Ser e Galicia Dixital. En televisión colaborou na comarcal Televinte. Colaborou desde a mocidade en El Progreso como correspondente. Colabora coa revista poética Xistral.
Cofundador e directivo do colectivo Poetas da Ribeira Sacra, foi fundador e directivo da Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e membro da Fundación Amigos de Galicia. Tamén é coordenador do premio Moncho do Pío e coordinou o certame poético Xohán de Requeixo.
É cofundador e actor do Centro Teatral Faro-Miño de Chantada.
Obras Unha noite de poesía (1985). Alvarellos. 72 páxs. ISBN 978-84-85311-59-0. Chantada na súa prensa (1988). Deputación Provincial de Lugo. 112 páxs. ISBN 978-84-86824-51-8. Con Anxo Sánchez Moure. Voltar a Bacelares (1989). Edición de autor. 100 páxs. ISBN 978-84-404-5782-0. As Beiras do Sil (1994). Edición de autor. 58 páxs. ISBN 978-84-605-1167-0. Baixo o Ceo de Camba (2000). Agasallo de Verbas (2001). Corona del Sur. 16 páxs. ISBN 978-84-95288-74-5. Dez Poemas a Lisboa (2006). Braga: Frouseira. Co sangue nos beizos (2008). Braga: Frouseira. Prólogo de Xosé Lois García. Poesía
É autor de varias pezas teatrais.
Libros colectivos
Libro de Ouro do Círculo Recreativo e Cultural de Chantada Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (2003). Comisión Organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo. Crónicas chantadinas (2004). Círculo Recreativo Cultural de Chantada; coordinador Andrés Pavón. Deputación de Lugo. Circular polo Saviñao Coloquio-homenaxe a Xosé Lois García (2007). Poetas do reencontro (2019). Irmandade poética e artística Galaico-Lusa.
Actor Participacións secundarias:
Fuxidos e bandoeiros, TVG. O Piloto, de Xosé Reigosa. Longa noite, de Eloy Enciso. As bestas, de Rodrigo Sorogoyen. Galegos para o mundo, TVG Pepe o inglés, TVG.
miniatura|Con Iñaki Castiñeira Alemany e José Randolfe Vilariño en Chantada
Premios 1985: Premio de poesía do Centro Galego de Sestao. 1985: 2º premio de narrativa Concello da Estrada. 1986: Premio de poesía Miguel de Cervantes de Alcázar de San Juan (Ciudad Real). 1986: Premio de poesía López Abente. 2000: Premio A Pipa. 2001: Premio Meigas e Trasgos de poesía en Sarria. 2005: Premio Cartas de Amor do Concello de Quiroga (2005). 2022: XIV Edición premios Bacelos de Prata.
Notas
Categoría:Nados en Chantada
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega