Cabodano é unha banda galega de metalcore e groove metal, procedente de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso.
Traxectoria A banda naceu en 2012, co nome inicial de The Guepards, renomeándose posteriormente como Cabodano. Estaba formada inicialmente por Moisés (baixo), Peri (batería) e Juncal (guitarra), aos que se uniron máis tarde Buitre (voz) e Mora (guitarra). En 2015 comezaron a dar concertos por Galicia e en 2015 publicaron o seu primeiro sinxelo: "Odio".
En 2018 saíu á luz o seu primeiro álbum, co título O Espertar. Producido pola propia banda e coas letras en galego, constou de nove temas encadrados no metalcore, aínda que se poden atopar tamén nel toques de thrash metal, groove metal ou death metal melódico. En 2024 publicaron o seu segundo disco, titulado É Mellor Matarse, con 15 novos temas.
Discografía O Espertar (2018). É Mellor Matarse (2024).
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais formados en 2012