Rabindranath Tagore (), nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर), nado en Calcuta o 7 de maio de 1861 e finado en Calcuta, India, o 7 de agosto de 1941, foi un polímata indio que destacou como poeta, escritor, dramaturgo, compositor, filósofo, reformador social e pintor. Reformou a literatura e a música bengalí, así como a arte india co modernismo contextual a finais do século XIX e principios do XX. Autor da poesía "profundamente sensible, fresca e bela" de Gitanjali, converteuse en 1913 no primeiro non europeo e o primeiro letrista en gañar o Premio Nobel de Literatura. As cancións poéticas de Tagore eran vistas como espirituais e impredicibles; con todo, a súa "prosa elegante e a súa poesía máxica" seguen sendo descoñecidas fóra de Bengala. Foi membro da Royal Asiatic Society. Coñéceselle como "o bardo de Bengala", Tagore era coñecido polos alcumes: Gurudeb, Kobiguru, Biswokobi.
Foi un brahman e zamindar (aristócrata) bengalí de Calcuta con raíces ancestrais nos distritos de Bardhaman*
e Jessore, Tagore escribiu poesía cando tiña oito anos. Á idade de dezaseis anos, publicou os seus primeiros poemas importantes baixo o pseudónimo de Bhānusiṃha ("León do Sol"), que foron tomados polas autoridades literarias como clásicos perdidos. En 1877 publicou os seus primeiros relatos curtos e obras dramáticas co seu verdadeiro nome. Como humanista, universalista, internacionalista e ardente crítico do nacionalismo,"Nationalism is a Great Menace" Tagore and Nationalism, by Radhakrishnan M. and Roychowdhury D. from Hogan, P. C.; Pandit, L. (2003), Rabindranath Tagore: Universality and Tradition, pp 29–40 denunciou ao Raj Británico e defendeu a independencia de Gran Bretaña. Como expoñente do renacemento bengalí, abarcou un amplo canon que comprendía pinturas, bosquexos e garabatos, centos de textos e unhas dúas mil cancións; o seu legado tamén perdura na súa fundación da Universidade Visva-Bharati.
Tagore modernizou a arte bengalí rexeitando as ríxidas formas clásicas e resistíndose ás restricións lingüísticas. As súas novelas, relatos, cancións, dramas-danza e ensaios abordaron temas políticos e persoais. As súas obras máis coñecidas son Gitanjali (Ofrendas de cancións), Gora (A cara bonita) e Ghare-Baire (O fogar e o mundo). Os seus versos, relatos e novelas foron aclamados -ou criticados- polo seu lirismo, coloquialismo, naturalismo e contemplación antinatural. Dúas nacións elixiron as súas composicións como himnos nacionais: O "Jana Gana Mana" da India e o "Amar Sonar Bangla" de Bangladesh. O himno nacional de Sri Lanka inspirouse na súa obra.*
Historia familiar O nome Tagore é a transliteración anglicizada de Thakur. O apelido orixinal dos Tagores era Kushari. Eran Pirali Brahmin ('Pirali' implicaba historicamente unha connotación estigmatizada e pexorativa). que originalmente pertenecía a unha aldea llamada Kush no distrito llamado Burdwan en Bengala Occidental. O biógrafo de Rabindranath Tagore, Prabhat Kumar Mukhopadhyaya escribio no primeiro volume do seu libro Rabindrajibani O Rabindra Sahitya Prabeshak que
Traxectoria Primeiros anos Tagore naceu na mansión Jorasanko (Calcuta), fillo de Debendranath Tagore e de Sarada Ravat. Debendranath Tagore formulou a fe Brahmo propagada polo seu amigo o raxá reformador Rammohun Roy. Debendranath converteuse na figura central da sociedade Brahmo trala morte de Roy e continuou a liderar o Adi Brahmo Shomaj ata o seu pasamento.
Tagore foi o máis novo de catorce fillos, educado principalmente pola servidume, a súa nai morrera sendo Rabindranath moi cativo e o seu pai estaba decote de viaxeThompson, E. (1926), Rabindranath Tagore: Poet and Dramatist, Pierides Press, p. 20. De feito, os Thákhur eran o centro dun extenso grupo social que estaba comprometido co Rexurdimento bengalí, e no fogar respirábase un ambiente literario, musical e teatral, mesmo o seu pai convidou a varios músicos dhrupad a residir na súa casa para os seus fillos aprenderen a música clásica indiaSom, R. (2010), Rabindranath Tagore: The Singer and His Song, Viking, p. 16 . O seu irmán máis vello, Dwijendranath, era un respectado poeta e filósofo. Outro irmán, Satyendranath, foi o primeiro membro dunha etnia india admitido no Servizo civil indio, e Jyotirindranath era un músico de talento. A esposa deste último, Kadambari, que tiña case a mesma idade que Tagore, foi unha querida amiga e tivo unha forte influencia nel. O seu suicidio en 1884 deixouno fóra de lugar durante varios anos e marcou fondamente o timbre emocional da vida literaria de Tagore.
En 1878, Tagore viaxou a Brighton en Inglaterra para estudar nunha escola pública. Máis tarde estudou no University College de Londres. Porén non rematou os seus estudos e deixou Inglaterra despois dun ano. No Reino Unido anglicizou o propio apelido (Thakur) e volveu coa convicción de que os ingleses saben ben protexer unha India necesitada de protección, dedicouse á administración das súas terras e a toda forma de arte. Esta exposición á cultura inglesa e á súa lingua mesturouse coa tradición da música bengalí nos seus primeiros intentos de crear novas formas musicais. A pesar diso, nunca abrazou completamente as ríxidas normas inglesas nin a estrita interpretación da relixión hindú por parte da súa familia na vida ou na súa arte, escollendo tomar o mellor de ambas as esferas de experiencia.
Shelaidaha: 1878–1901 esquerda|miniatura|upright|A casa de Tagore enShilaidaha, Bangladesh miniatura|upright|alt=Fotografía en branco e negro dun home e unha muller finamente vestidos: o home, riseiro, está de pé coa man na cadeira e o cóbado virado cara a fóra, cun chal sobre os ombreiros e vestido de etiqueta bengalí. Fronte a el, a muller, sentada, leva un elaborado vestido e un chal; apóiase nunha mesa tallada que sostén un vaso e follas ondulantes. |Tagore e a súa esposa Mrinalini Devi, 1883
Como Debendranath quería que o seu fillo se convertese en avogado, aloxouno, en 1877, durante varios meses nunha casa que a familia Tagore posuía preto de Brighton e Hove, en Medina Vilas; o seu sobriño e a súa sobriña Suren e Indira Devi, fillos do irmán de Tagore Satyendranath- foron enviados xunto coa súa nai, cuñada de Tagore, a vivir con el. Tagore matriculouse nunha escola pública de Brighton, East Sussex (Inglaterra) en 1878. Estudou brevemente Dereito no University College de Londres, pero de novo abandonou os estudos, optando no seu lugar polo estudo independente das obras de Shakespeare Coriolano, e Antonio e Cleopatra e a Religio Medici de Thomas Browne. As animadas melodías populares inglesas, irlandesas e escocesas impresionaron a Tagore, cuxa admiración por Nidhubabu-autor de kirtans, tappas e a himnos brahmo o tiñan fascinado. En 1880 regresou a Bengala sen título, resolvido a conciliar as novidades europeas coas tradicións brahmas, tomando o mellor de cada unha. Despois de regresar a Bengala, Tagore publicou regularmente poemas, historias e novelas. Estes tiveron un profundo impacto dentro da propia Bengala, pero recibiron pouca atención nacional. En 1883 casou cunha nena de 10 anos (esta era unha práctica común na época) Mrinalini Devi (1873–1902), nacida en Bhabatarini. Tiveron cinco fillos, dous dos cales morreron na infancia. miniatura|upright|O "Padma", barco (bajra ou budgerow) da familia Tagore.En 1890 Tagore comezou a administrar o seus vastos predios ancestrais en Shelaidaha (hoxe unha rexión de Bangladesh); alí uníronselle a súa muller e os seus fillos en 1898. Tagore publicou os seus poemas Manasi (1890), unha das súas obras máis coñecidas. Como Zamindar Babu, Tagore sucaba o río Padma ao mando do Padma, a luxosa barcaza familiar (tamén coñecida como "budgerow"). Recadaba rendas, na súa maioría simbólicas, e bendicía aos aldeáns, que á súa vez lle honraban con banquetes, ás veces de arroz seco e leite agre. Coñeceu a Gagan Harkara, a través do cal se familiarizou cos bauls e co faquir Lalon Shah, cuxas cancións folclóricas influíron enormemente en Tagore. Tagore traballou para popularizar as cancións de Lalon. O período Sadhana (1891-1895) de Tagore, chamado así por unha das súas revistas, foi o máis produtivo; Nestes anos escribiu máis da metade dos relatos do libro "Galpaguchchha" de tres volumes e 84 historias.. Os seus irónicos e graves relatos examinaban a voluptuosa pobreza dunha Bengala rural idealizada.
Santiniketan: 1901–1932 miniatura|esquerda|upright|alt=Fotografía de grupo en branco e negro, en pose, de sete homes chineses, posiblemente académicos, vestidos de etiqueta: dous levan traxes de estilo europeo, os outros cinco visten traxes tradicionais chineses; catro dos sete están sentados no chan en primeiro plano; outro está sentado nunha cadeira detrás deles no centro á esquerda; outros dous están de pé no fondo. Rodean a un oitavo home que viste túnica, leva barba e está sentado nunha cadeira situada no centro á esquerda. Detrás deles, en fila, hai catro elegantes xanelas.|Universidade de Tsinghua, 1924 En 1901 Tagore trasladouse a Santiniketan, poboación situada en Bengala Occidental, para fundar un ashram, sita en propiedades do seu pai, cunha sala de oración con chan de mármore -O mandir-, unha escola experimental, arboredos, xardíns e unha biblioteca. Esta escola, estabelecida segundo a tradicional estrutura Brahmacharya de estudantes vivindo a carón do seu Gurú nunha comunidade autosuficiente, foi un imán para grupos internacionais de estudantes, artistas, lingüistas e músicos. Alí morreron a súa muller e dous dos seus fillos. O seu pai morreu o 19 de xaneiro de 1905. Tagore dedicou unha prodixiosa enerxía en obter fondos para a escola, utilizando por exemplo o importe concedido no Premio Nobel. Recibiu pagos mensuais como parte da súa herdanza e ingresos do maraxá de Tripura, vendeu as xoias da súa familia, o seu bungaló xunto ao mar en Puri, e unhas irrisorias 2.000 rupias en concepto de dereitos de autor de libros. Gañou lectores bengalís e estranxeiros por igual; publicou Naivedya (1901) e Kheya (1906) e traduciu poemas en verso libre.
En 1912, Tagore traduciu ao inglés a súa obra de 1910 Gitanjali. Durante unha viaxe a Londres, compartiu estes poemas con admiradores como William Butler Yeats e Ezra Pound. A Royal India Society de Londres publicou a obra nunha edición limitada, e a revista estadounidense Poetry publicou unha selección de Gitanjali. En novembro de 1913, Tagore decatouse de que gañara o Premio Nobel de Literatura dese ano: a Academia Sueca apreciaba o carácter idealista -e para os occidentais- dunha pequena parte do seu material traducido, centrado na obra de 1912 Gitanjali: Song Offerings. En setembro dese ano Vicente Risco deu unha conferencia sobre el no Ateneo de Madrid. O rei Xurxo V concedeulle o título de cabaleiro nas honras de aniversario de 1915, pero Tagore renunciou a el tras a masacre de Jallianwala Bagh de 1919. Renunciando ao título de cabaleiro, Tagore escribiu nunha carta dirixida a Lord Chelmsford, o entón vicerrei británico da India: "Estamos convencidos de que a desproporcionada severidade dos castigos inflixidos ao desafortunado pobo e os métodos para levalos a cabo non teñen parangón na historia dos gobernos civilizados. Chegou o momento en que as insignias de honra fan que a nosa vergoña sexa evidente no seu incongruente contexto de humillación, e pola miña banda desexo estar, desposuído de toda distinción especial, á beira dos meus compatriotas."
En 1919, foi convidado polo presidente da asociación Anjuman-i-Himayat-i-Islam, Syed Abdul Majid a visitar Sylhet por primeira vez. O acto atraeu a máis de 5.000 persoas.